5º Domingo de Pascua
Primeira
Lectura Feit 9, 26-31
LECTURA
DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Contoulles
como vira o Señor no camiño
Naqueles días, cando chegou Saulo a Xerusalén,
procuraba xuntarse cos discípulos; pero todos lle tiñan medo, non crendo que
fose discípulo de verdade.
Pero Bernabé, colleuno consigo e levouno onda os
apóstolos. Saulo contoulles que vira o Señor no camiño, que lle falara e que en
Damasco predicara publicamente no nome de Xesús.
Conviviu con eles en Xerusalén, predicando con
ousadía no nome do Señor. Falaba e discutía tamén cos helenistas, pero estes
queríano matar. Ao sabelo, os irmáns levárono para Cesarea e fixérono seguir a
Tarso.
Daquela, a Igrexa tiña paz en toda a Xudea, Galilea e
mais Samaría. Crecía coma un edificio, progresaba na fidelidade ao Señor e coa
asistencia do Espírito Santo ía aumentando en número.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL
Sal 21, 26b-27. 28 e 30. 31-32
R/. (26a):
Ti espertas a miña loanza na asemblea!
Ou: Aleluia.
Cumprirei os meus votos na presenza dos que o temen.
0s pobres comerán ata fartarse,
loarán o Señor os que o buscan
e gozarán de vida duradeira.
Lembraranse do Señor e volverán
a El
tódolos confíns da terra;
axeonllaranse na súa presenza
as familias todas dos pobos.
Prostraranse perante El os que
repousan na terra,
axeonllaranse na súa presenza os que baixan ao po.
Eu hei vivir para El,
e hao servir a miña proxenie.
Falarase do Señor á xeración
vindeira,
a súa xustiza será revelada ao
pobo que ha de nacer:
"Velaí a obra do
Señor".
Segunda
Lectura 1 Xn 3, 18-24
LECTURA
DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Este é o seu
mandamento, que creamos e amemos
Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua,
senón con feitos e na verdade. Deste xeito saberemos que vivimos conforme á
verdade e sosegaremos o noso corazón diante do tribunal de Deus. Porque aínda
que o noso corazón nos acuse, Deus é meirande có noso corazón e coñece todo.
Meus amigos, se o corazón non nos acusa, temos
confianza para nos achegar a Deus e El dános o que lle pidamos, porque
cumprimos cos seus mandamentos e facemos o que a El lle agrada.
Isto é o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús
Cristo e que nos queiramos ben uns aos outros, coma el nos mandou.
O que cumpre cos seus mandamentos está en comuñón con
Deus, e Deus en comuñón con el: coñecemos que Deus está en comuñón connosco
polo Espírito que nos deu.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 15, 4a. 5b
Se non se
canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Permanecede en min e eu en vós,
di o Señor;
quen permanece en min, dá
froito abondoso.
Aleluia.
Evanxeo Xn 15, 1-8
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Quen
permanece en min e eu nel, é portador de froito abondoso
Naquel tempo díxolles Xesús aos seus discípulos:

Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta,
se non permanece na vide, tampouco vós, se non permanecedes en min. Eu son a
vide; vós os bacelos.
Quen permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non podedes facer nada. Se alguén non permanece en min, é coma os ramos arrincados fóra, que secan; apáñanos, bótanos no lume e arden.
Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen
en vós, pedide o que queirades e hásevos facer.
Nisto é glorificado meu Pai: en que levedes froito
abondoso e vos mostredes coma discípulos meus.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
PORQUE PARA TI NON EXISTEN CRISTIÁNS “CON DENOMINACIÓN DE
ORIXE”... GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!!
TOMADO DE : remoldapalabra.blogspot.com
PÓRTICO
Dinos a primeira lectura do Libro dos Feitos que hoxe
proclamaremos, que os membros da comunidade tiñan medo de Paulo, non acababan
de crelo nin de fiarse del. Non esqueceran que había ben pouco tempo que aquel
que agora se achegaba como membro do grupo, andara a perseguilos. Tamén nos
pode pasar a nós que non acabemos de fiarnos de tantas persoas que están
dispostas a cambiar; de tantas persoas que queren romper co pasado, deixalo
atrás, para reorientar a súa vida, e que buscan en nós unha man amiga que os
acolla e acompañe.
Este quinto domingo da pascua invítanos a reflexionar sobre cal
é a nosa reposta diante destas situacións, para que nos esforcemos por superar
as desconfianzas e non repetir unha e outra vez o que un foi no pasado. Na
fidelidade á fe en Xesús, temos que esforzarnos en coñecer e saber qué supón e
esixe ser cristián, e non deixarnos levar nin por ritos nin costumes que non
nos fan medrar como seguidores de Xesús nin vivir os valores que emanan do
Evanxeo.
O PERDÓN



REMUÍÑO



ORACIÓN
DA COMUNIDADE
O Señor está a darnos
oportunidades novas para construír a nosa vida sobre o perdón e a
reconciliación; por iso lle dicimos:
QUE PERMANEZAMOS
SEMPRE UNIDOS A TI

QUE
PERMANEZAMOS SEMPRE UNIDOS A TI

QUE
PERMANEZAMOS SEMPRE UNIDOS A TI

QUE
PERMANEZAMOS SEMPRE UNIDOS A TI

QUE
PERMANEZAMOS SEMPRE UNIDOS A TI
Son moitas,Señor, as
peticións que temos no noso maxín, e só algunhas delas as manifestamos publicamente
neste momento de oración. Acólleas todas elas e axúdanos a que as nosas mans
crezan cada día en apertura para acoller e agarimar a quen necesita de nós.
P.X.N.S. Amén.
PARA A
REFLEXIÓN
Señor,
canto nos falta aínda
para que a
paz percorra no ben as nosas veas,
para que
mimemos a todas as persoas e a todo con urxencia
e non atope
en nós ningún oco a violencia!.
Canto nos
falta aínda!.
Señor,
canto nos falta aínda
para
arredarnos en firme dos cartos que nos anegan,
para abrir
na xustiza o peto e a carteira,
para dicir,
“irmán e irmá” sen medo ás consecuencias!.
Canto nos
falta aínda!.
Señor,
canto nos falta aínda
para ser
bos veciños ou veciñas, cabais, nas nosas aldeas,
e ter por
nosas propias as ledicias alleas,
e saber
chorar coas penas que outros e outras teñan!.
Canto nos
falta aínda!.
Señor,
canto nos falta aínda
para vernos
e querernos sen trazos de dureza,
para mirar
aos máis con ollos de paciencia,
para
confiar en Ti, na túa fiel aperta!.
Canto nos
falta aínda!.
Señor,
canto nos falta aínda
para que a
rabia xusta en nós pouse e acenda,
para que
deixemos a un lado razóns e comenencias
e que o
clamor do pobre atope en nós certezas!.
Canto nos
falta aínda!.
Señor,
canto nos falta aínda,
canto
precisamos de Ti, de estar á túa beira,
de ter ao
noso carón xentiña compañeira
e así
brincar con paz co gozo da inocencia!.
Canto nos
falta aínda!.
M. Regal
CANTOS
·
ENTRADA: Que ledicia miña
·
LECTURAS: Douvos un
mandato novo
·
OFERTORIO: Na nosa terra
·
COMUÑÓN: Pan do ceo, pan
de vida
Comentarios
Publicar un comentario