12 may. 2012

Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos. _ Xn 15, 9-17

Domingo 6 Pascua - ciclo B



NO RESUCITADO

... xa nunca podes sentirte baleiro,
porque estás cheo, plenificado.

Xa nunca podes sentirte só,
porque estás divinamente acompañado.

Xa nunca podes sentirte apoucado,
porque Deus é o teu orgullo

Xa nunca podes vivir en solitario,
porque te envolve a Comunidade.

Xa nunca podes vivir para ti,
porque destruirías a túa identidade.

Xa nunca podes ir contra ninguén,
porque irías contra ti.

Xa nunca podes ser pesimista,
porque levas en ti a fonte da esperanza.

Xa nunca podes sementar discordia,
porque te alimentas de comuñón.

Xa nunca podes ser egoísta,
porque todo o teu é don.

Xa nunca podes deixar de orar,
porque estás continuamente na presenza de Deus.


No hay comentarios:

Publicar un comentario