A árbore dos amigos
Un texto máis que coñecido para engadir á vosa lista...
A ÁRBORE DOS AMIGOS – BORGES
Existen persoas nas nosas vidas que nos fan felices pola simple casualidade de cruzarse no noso camiño. Algunhas percorren todo o camiño ao noso lado, vendo moitas lúas pasar, mais outras apenas as vemos entre un paso e outro. A todas chamámolas amigos e hai moitas clases deles.
Tal vez cada folla dunha árbore caracteriza un dos nosos amigos. O primeiro que nace do gromo é o noso pai e a nosa nai, amósanos o que é a vida. Despois veñen os amigos irmáns, con quen dividimos o noso espazo para que poidan florecer coma nós.
Pasamos a coñecer a toda a familia de follas a quen respectamos e desexamos o ben.
Mais o destino preséntanos a outros amigos, os cales non sabiamos que irían cruzarse no noso camiño. A moitos deles denominámolos amigos da alma, de corazón. Son sinceros, son verdadeiros. Saben cando non estamos ben, saben o que nos fai feliz.
E, ás veces, un deses amigos da alma estala no noso corazón e entón é chamado un amigo namorado. Ese dá luz ós nosos ollos, música ós nosos beizos, saltos ós nosos pés, cóxegas ó noso estómago, etc.
Tamén existen aqueles amigos por un tempo, quizáis unhas vacacións ou uns días ou unhas horas. Eles afán colocar moitos sorrisos no noso rostro, durante o tempo que estamos preto.
Falando de preto, non podemos esquecer aos amigos distantes, aqueles que están na punta das pólas e que cando o vento sopra sempre aparecen entre unha folla e outra.
O tempo pasa, o verán vaise, o outono aproxímase... e perdemos algunhas das nosas follas, algunhas nacen noutro verán e outras permanecen por moitas estacións.
Pero o que nos deixa máis felices é decatarnos de que aquelas que caeron continúan preto, alimentando a nosa raíz con alegría. Son recordos de momentos marabillosos de cando se cruzaron no noso camiño.
Deséxoche, folla da miña árbore, paz, amor, saúde, sorte e prosperidade. Hoxe e sempre... simplemente porque cada persoa que pasa na nosa vida é única. Sempre deixa un pouco de si e leva un pouco de nós. Haberá os que levaron moito, pero non haberá dos que non nos deixasen nada.
Esta é a maior responsabilidade da nosa vida e a proba evidente de que dúas almas non se atopan por casualidade.
Comentarios
Publicar un comentario