Do matrimonio de Khalil Gibran
Un novo texto para os que busquedes algo especial para a vosa voda.
DO MATRIMONIO DE KHALIL GIBRAN
Nacestes xuntos e xuntos permaneceredes para sempre.
Estaredes xuntos cando as brancas ás da morte espallen os vosos días.
E tamén na memoria silenciosa de Deus estaredes xuntos.
Pero deixade que crezan espazos na vosa proximidade.
E deixade que os ventos do ceo libren as súas danzas entre vós.
Amádevos con devoción, pero non fagades do amor unha atadura.
Facede do amor un mar móbil entre as beiras das vosas almas.
Enchédevos un ao outro vosas copas, pero non bebades dunha mesma copa.
Compartide o voso pan, pero non comades do mesmo anaco.
Compartide o voso pan, pero non comades do mesmo anaco.
Cantade e bailade xuntos, e estade alegres,
pero que cada un de vós sexa independente.
As cordas dun laúde están separadas aínda que vibren coa mesma música.
Dade o voso corazón, pero non para que o voso compañeiro se apropie del.
Porque só a man da Vida pode conter os corazóns.
Permanecede xuntos, pero non demasiado xuntos.
Porque os alicerces sosteñen o templo, pero están separados.
E nin o carballo crece baixo a sombra do ciprés
nin o ciprés baixo a do carballo.
Comentarios
Publicar un comentario