Éncheo de amor

Un texto máis para estes meses de celebracións do amor...



ÉNCHEO DE AMOR

Sempre que haxa un oco na túa vida,
éncheo de amor.

Adolescente, novo, vello:
sempre que haxa un oco na túa vida,
éncheo de amor.

En canto saibas que tes diante de ti
un tempo baldío,
vai buscar amor.

Non penses : Sufriréi?
Non penses: Enganaranme?
Non penses: Dubidaréi?

Ve, simplemente, diáfanamente, regocixadamente,
en busca de amor.

Que índole de amor
Non importa.
Todo amor está cheo de excelencia e de nobreza.

Ama como poidas, ama a quen poidas,
ama todo o que poidas
Pero ama sempre.

Non te preocupes da finalidade do amor,
El leva en si mesmo a súa finalidade.
Non te xulgues incompleto
porque non responden as túas tenruras,
o amor leva en si a súa propia plenitude.

Sempre que haxa un oco na túa vida
éncheo de amor!

Comentarios

Publicacións populares