A arte do matrimonio

Un novo día, un novo texto.


A arte do matrimonio

As pequenas cousas son as grandes cousas.
Nunca se é tan vello para sosterse as mans.
É lembrar dicir "Ámote" polo menos unha vez ao día.

É nunca ir durmir enoxados.
É nunca falar co outro só por ser condescendiente;
o cortexo non debería terminar coa lúa de mel,
debería continuar a través dos anos.

É ter un sentido mutuo de valores e obxectivos comúns.
É pararse xuntos enfrontando ao mundo.
É formar un círculo de amor que se alimenta na familia toda.
É facer cousas para o outro, non na actitude de servizo ou sacrificio,
senón no espírito de gozo.

É falar con palabras de apreciación e demostrar
gratitude de maneiras consideradas.
É non esperar que o esposo use unha aureola ou que a esposa teña as ás dun anxo.
É non buscar a perfección no outro.

É cultivar a flexibilidade, a paciencia, o entendemento e o sentido do humor.
É ter a capacidade de perdoar e ser perdoados.
É dar ao outro un ámbito no que poida crecer.

É atopar espazos para as cousas do espírito.
É unha procura común do ben e a beleza.
É establecer unha relación na cal a independencia sexa por igual, 
a dependencia mutua e as obrigacións recíprocas.
É non soamente casar coa parella perfecta, é ser a parella perfecta.

Comentarios

Publicacións populares