Quero que...
Un texto máis porque me consta, por experiencia propia, que á xente lle gusta ter onde elixir.
Jorge Bucay de "Cartas a Claudia"
Quero que me escoites sen xulgarme,
Quero que opines sen aconsellarme,
Quero que confíes en min sen esixirme
Quero que me axudes sen tentar decidir por mi.
Quero que me coides sen anularme
Quero que me mires sen proxectar as túas cousas nas miñas.
Quero que me abraces sen asfixiarme
Quero que me animes sen empuxarme.
Quero que me sosteñas sen facerche cargo do meu
Quero que me protexas sen mentiras
Quero que me achegues sen invadirme
Quero que coñezas as cousas miñas que máis che desgústen
Que as aceptes e non pretendas cambialas
Quero que saibas....que hoxe podes contar comigo....
Sen condicións....
Comentarios
Publicar un comentario