Ós fillos de estranxeiro traereinos ó meu monte santo - Is 56, 1. 6-7

Domingo 20 do Tpo. Ordinario - ciclo A


 DEUS, 
TI NON ES INTOLERANTE

Deus, ti non es intolerante.
Es amoroso, fiel, apaixonado,
por máis que moitas veces os crentes
aproveitámonos de ti para as nosas intolerancias.

Pensamos defenderte
e acabamos defendemos as nosas ideas,
porque ti non precisas defensa.
Pensamos defenderte a ti,
e ti o que nos pides é que defendamos á xente, ao irmán.

Deus, ti amas a verdade, a luz, a transparencia,
por iso afastas de ti a intolerancia.

Como che gusta ver e contemplar os anaquiños de verdade
espallada por cada pobo, por cada cultura,
por cada relixión e por cada persoa!

Como gozas vendo o avance calmoso
das persoas, dos pobos, da historia,
cara á verdade total, cara á luz sen escuridades.

Con que coidado e agarimo nos dás a Xesús
como faro e meta do noso andar vagaroso
polos camiños da verdade!

Deus, ti non es intolerante;
porque es a verdade total, non es intolerante;
porque nos respectas, non es intolerante;
porque nos amas, non es intolerante.

M. Regal: “Co Evanxeo pola man” 



Comentarios

Publicacións populares