Mantente no monte diante do Señor - 1 Re 19, 9a. 11-13a

Domingo 19 do Tpo. Ordinario - ciclo A


SINXELAMENTE SE

Deixa que o sol brille e as nubes pasen;
deixa que a auga corra e as flores crezan;
deixa que a montaña estea e que o val durma...
Sinxelamente se.

Deixa que os esquíos xoguen e as pombas amen;
deixa que o vento asubíe e as plantas dancen;
deixa que as estrelas brillen e que os soños pasen...
Sinxelamente se.

Deixa que o mar brúa,
que o aire saia e entre,
que as paixóns se acouguen. 
Deixa que che falen,
que che arrolen,
que che esperten...
Sinxelamente se.

Deixa que a xente sexa.
Deixa que o tempo sexa.
Deixa que Deus sexa
e que arda sen queimarse.
Deixa que a música soe
e que a paz reine...
Sinxelamente se.

Florentino Ulibarri


Comentarios

Publicacións populares