Optaría por ser anatema polos meus irmáns - Rm 9, 1-5
Domingo 19 do Tpo. Ordinario - ciclo A
REVÓLVENSE
AS TRIPAS
Revólvense as tripas dos famentos.
Para os pobres: desconcerto, todo revolto.
Quen desespera só pode revolverse os pelos.
Pois revoltos entre inxustizas están os tempos.
As revoltas non parecen asunto destes.
E nas súas tumbas revólvense os homes bos.
Revoltas andan as augas do noso mundo
como estaban de madrugada as do lago galileo.
Entre as súas olas ameazantes
Xesús aparécese hoxe de novo,
achégase estendendo calma e acougo:
non para deixarnos mudos,
non para deixarnos quedos.
Para tomar os remos,
para sucar os ventos,
para saltar si é preciso e camiñar ao seu encontro.
Nos momentos difíciles e nos tempos incertos:
grazas, Xesús, por termar da nosa fe a barlovento.
Comentarios
Publicar un comentario