22 de agosto: Santa María Raíña
LECTURAS
PRIMEIRA
Is 9, 1-6 : Déuseno-lo
Fillo
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
9
1O pobo que camiñaba na escuridade, viu unha grande luz.
Unha
luz brillou sobre os que habitaban no país das sombras da Morte.
2Multiplicáche-lo
xúbilo, fixeches grande a ledicia.
Alegráronse
coa túa presencia, como coa alegría da seitura,
o
mesmo que saltarán de xúbilo ó repartiren o botín.
3Velaí
o xugo da súa carga e o varal do seu ombreiro -o bastón de quen o
oprime-:
rompíchelos
coma o día de Madián.
4Pois
toda bota que tropeza con ruído, e todo manto cuberto de sangue
serán
para a queima, serán pasto de incendio.
5Pois
velaí que nos naceu un meniño, déusenos un fillo:
a
soberanía estará sobre o seu ombreiro,
e
será invocado con estes seus nomes:
Marabilla
de conselleiro, Heroe divino,
Pai
eterno, Soberano da Paz.
6Oh,
¡que grande a súa Soberanía!
A
paz non terá fin no trono de David e no seu reino, para afincalo e
para afirmalo, co
dereito
e coa xustiza,
desde
agora e para sempre.
O
celo do Señor dos Exércitos fará isto.
[O
versiño 3 debe interpretarse segundo a versión hebraica]
SALMO
RESP. Sal 112, 1-2. 3-4. 5-6. 7-8
R/
(2) Sexa bendito o nome do Señor para sempre
Ou:
Aleluia
Louvade,
servidores do Señor,
louvade
o nome do Señor.
2Bendito
sexa o nome do Señor,
agora
e por sempre.
3Desde
o nacente ó poñente
louvado
sexa o nome do Señor.
4Excelso
sobre as xentes é o Señor,
sobre
o ceo a sua gloria.
5¿Quen
coma o Señor, noso Deus,
que
habita nas alturas
6e
que baixa para coidar
do
ceo e mais da terra?
7El
ergue do po os indixentes,
levanta
os pobres do esterco,
8para
lles dar asento cos nobres,
cos
nobres do seu pobo.
EVANXEO
Lc 1, 26-38 : Velaí
concebirás e parirás un fillo
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
26Ós
seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret,
27onda unha mociña prometida a un home da casa de David, que se
chamaba Xosé; o nome da mociña era María.
28Entrando
onde estaba ela, díxolle:
-Alégrate,
chea de gracia, o Señor está contigo.
29Ela
turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significa-lo
saúdo aquel.
30O
anxo continuou:
-Non
teñas medo, María, porque ti atopaches gracia ante Deus; 31e,
fíxate, vas concebir no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que
lle poñerás de nome Xesús. 32Será grande e chamarase Fillo do
Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai;
33reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá
fin.
34María
respondeulle ó anxo:
-¿E
como pode ser isto, pois eu son virxe?
35O
anxo replicoulle:
-O
Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate
coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e
chamarase Fillo de Deus. 36Aí te-la túa curmá Isabel, que concebiu
un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban
estéril, 37que para Deus non hai imposibles.
38María
contestou:
-Velaquí
a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches.
E
o anxo marchou de onda ela.
VER TAMÉN:
Comentarios
Publicar un comentario