O seu vestido era branco como a neve - Dn 7, 9-10. 13-14
Festa da Transfiguración do Señor - ciclo A
SEI
Sei que as imaxes poden confundirme
e ata enganarme.
Sei que os nomes non alcanzan a dicirche
por moito que o axuste.
Sei que os soños máis fermosos
son proxeccións.
Sei que as palabras quedan curtas
en todas as súas expresións.
E, a pesar diso,
imaxínote,
noméote,
sóñote,
e fágoche palabra para coñecerte,
porque Ti es o que quere revelarse
nesas pobres mediacións.
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario