17 de agosto - Alexandre Bóveda
Coma sempre, non deixa de chamar a atención a separación da vida como cristiáns dos nosos galeguistas -de tódalas cores políticas-, como se alguén puidese dividir á persoa "en cachos" e facer compartimentos estancos que non teñen relación entre si. Os galeguistas seguen sen entender que as persoas son un todo, un erro que, con boa fe -nunca mellor dito-, cometeron os grandes da nosa historia, e os cristiáns facían outro tanto do mesmo, para ser cristián non se pode pedir a liturxia en galego... ousadías, eu non son tan valente como para levarlle a contraria ao Espírito, que fala en tódalas linguas, na nosa tamén.
Deste xeito os galegos seguimos obviando a dimensión espiritual dos nosos escritores, ha de ser que a alma e o espírito non teñen nada que ver coa creación, o pensamento e a expresión das persoas... seguimos sen entender nada, estamos cegos...
Con Alexandre Bóveda reivindicamos a parte espiritual dos nosos escritores, esperemos que con el aprendamos a mirar máis aló. Os salesianos, formadores de Bóveda nos seus anos escolares, recolleron a súa imaxe cristiá nun pequeno caderno, baixo a supervisión da familia. VER: http://cxabeiro.org/web/index.php/16-federacion/279-presentacion-do-caderno-xalgarete-recei-contigo-boveda-cristian + http://asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_940_WEB.pdf
O próximo 17 de agosto, como tódolos anos lembraráselle tamén por iso cunha Eucaristía no cemiterio de S. Mauro de Pontevedra ás 18.00 h. Logo haberá uha lembranza pública xunta a súa sepultura.

Alexandre Bóveda (1903-1936)
"A miña patria natural é Galiza. Ámoa afervoadamente. Endexamais a traizoaría, inda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa ata máis alá da miña morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañábel me debe ser aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela... A miña morte servirá mesmo para ensino dos que non consideran a nosa loita tan rexa como a das outras nacionalidades" (68) |
Estas verbas pronunciadas pouco antes de morrer fusilado e a súa traxectoria vital e política fixeron de Alexandre Bóveda, xa para sempre, o mártir galeguista e cristián da intolerancia dunha España que se proclamaba católica, pero vía nos nacionalistas galegos un perigo para a "sagrada unidade da patria" e non manifestaba realmente moitos sentimentos cristiáns cos que pensaban de distinta maneira. Castelao chamouno "a bandeira da nosa redención".
O galeguismo xa fora agromando nel desde neno coa lectura do Catecismo do labrego, e logo como discípulo de Risco, e en contacto con Otero e Cuevillas, Losada e Castelao. Logo escribiría que na revista Nós e no seu grupo "estivo a miña fontela máis cabal". Aínda que o máis novo deles, converteuse de contado, tal como conta o mesmo Castelao en "motor de explosión" do galeguismo.
O Seminario de Estudos Galegos require a súa colaboración na preparación do Estatuto e o traballo económico de Bóveda, que era Contable da Facenda por oposición, parece que impresionou a todos. E na fundación do Partido Galeguista en 1931 era tan apreciado que foi nomeado secretario de organización, cargo que mantivo ata a súa morte, traballando porque fora un verdadeiro partido de masas. "Fronte aos que querían facer do partido un grupo minoritario para cultivar a mente do país, Bóveda actuou de activista de masas e o partido multiplicouse", escribe Francisco Carballo (69). O anteproxecto do Estatuto Galego parece ser que é en gran parte obra de Bóveda, que sempre acreditou unha mentalidade moi progresista.
Pero Bóveda non só era un nacionalista progresista, senón tamén un cristián practicante, aínda que non alineado coas posicións dereitistas doutros compañeiros galeguistas.

"O comportamento altamente avanzado de Bóveda como militante cristián amósase en varios sectores da súa actividade. Practicaba un catolicismo fondo e sacramental a nivel persoal e familiar... A súa militancia cristiá facíase compatibel coa militancia nun partido democrático, claramente antifascista, aconfesional e respectuoso coas ideoloxías, defensor a ultranza da sociedade galega... Poucas posicións cristiás había no Estado Español naqueles tempos tan lúcidas" (70) |
A súa morte exemplar foi o broche de ouro a unha vida exemplar. Puido escapar da cadea, pero coidaba que non había razóns para matalo, pola súa vida sen mancha, non contaba con que o fanatismo dos fascistas podera chegar tan lonxe. Pasou a derradeira noite lendo a Rosalía e un libro relixioso (o Kempis). Escribe ó seu irmán Valentín: "Confío en que serei recibido onde todos queremos xuntarmos e fágoo coa ledicia confiando en Deus este sacrificio". Oe Misa recollidamente e pídelle a un amigo :"Sestiño, ven rezar comigo en galego". Recibe os sacramentos e un P. franciscano acompáñao ata a morte. Sobre o mesmo caixón no que se dixera a Misa escribiu varias cartas, e nunha delas puxo de PD á súa muller: "Recei contigo".
(68) | Da súa intervención no Consello de Guerra que o xulgou e condenou a morte. En X. Alvarez Gallego,Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, Nós, Bos Aires 1972. Este e o libro máis recente de Alvarez Blázquez, Alexandre Bóveda, Ir Indo, Vigo 1992 |
(69) | F.Carballo "Alexandre Bóveda. Un nacionalista cristián", Irimia 239, 1986 |
(70) | Francisco Carballo, ibidem. Tamén "Alexandre Bóveda", en Encrucillada 50, 1986; e nun dos extras de A Nosa Terra, "Alexandre Bóveda, un cristián", Castelao e Bóveda, irmáns!, nº 6-7, 1986 Do libro "Galegos e cristiáns" de V.Pérez Prieto |
Comentarios
Publicar un comentario