Porei a chave da casa de David sobre o seu ombreiro - Is 22, 19-23
Domingo 21 do Tpo.Ordinario - ciclo A
XESÚS, QUERO
COÑECERTE MELLOR
Achégome a ti con respecto, Xesús:
eu quero coñecerte mellor.
Téñenme falado tanto de ti!
Teño eu falado tanto de ti tamén!
E, con todo, que lonxe te sinto ás veces!
O teu nome é como unha idea
que me anda roldando sempre,
pero que non acaba de coller asento firme en min.
Ando preto dos teus sentimentos, recoñézoo,
moito, moito me reinan,
pero cústame sentirte é meu lado, vivo,
coma un amigo fiel do que sempre pode un botar man.
Xesús, admírote,
todo o teu case me parece un soño.
É posible que nalgures houbese un home así?
É posible que un home chegase a debuxar
con tanta simplicidade e precisión
o rostro mesmo de Deus para a demais xente?
É posible que todo o misterio de Deus,
que tanto amo, que tanto me marabilla,
que tanto me desborda,
se achegase a nós tan sinxelamente
nas palabras, nos feitos, na vida toda
dun coma nós, dun conveciño noso?
É posible que a terra toda,
que a xente toda,
que eu todo,
esteamos tan ó rente de Deus?
Xesús, quero coñecerte mellor,
para apegarme máis a ti,
para ser contigo máis fiel admirador de Deus,
para colaborar contigo na túa tarefa pola irmandade.
Comentarios
Publicar un comentario