Todo é voso, vós de Cristo e Cristo de Deus - 1 Cor 3, 16-23

Domingo 7 do Tpo.Ordinario - ciclo A



PORQUE EU QUERO SER
O TEU DISCÍPULO...

SINTO QUE ÁS VECES ME PIDES MOITO, SEÑOR!
Sorrir a quen invade e desorganiza a miña vida,
perdoar a quen cos seus feitos e coas súas palabras me odia,
axudar a quen un día e outro pasa de min
e lembrar a quen me esqueceu un mal día...
Amar a quen talvez nunca me amou,
abrazar ao que leva tempo rexeitándome,
chorar con quen nunca atopei consolo na dor...
SINTO QUE ÁS VECES ME PIDES MOITO, SEÑOR!

QUE DEBO FACER, MEU DEUS?
Cando xa é difícil amar ao que nos ama,
camiñar co que queremos camiñar,
vivir alegres co que coñecemos...
Cando nos custa rezar polos nosos
ou pór a nosa fazula a quen xa non nos dá un bico...
Cando é tan difícil ser felices
con aqueles que conviven connosco...
QUE DEBO FACER, MEU DEUS?

PORQUE EU QUERO SER O TEU DISCÍPULO...
Axúdame a estar en comuñón permanente contigo.
Axúdame a entender que só o perdón
é capaz de rexenerar a vida dos seres humanos;
que o meu parecido contigo mídese en dose de perdón
e en capacidade de aceptación do irmán, tal como é.
Non permitas que ningún irmán desapareza 
da miña mente e da miña vida.
A túa chamada á santidade acha eco hoxe no meu corazón:
"Quero ser mellor, porque ti es bo;
quero ser santo, porque ti es santo".
Axuda, Señor, a nosa debilidade
e impulsa co teu amor a nosa esperanza,
para "que sexamos bos, como Ti, Pai, es bo".



Isidro Lozano


Comentarios

Publicacións populares