A ninguén mandou actuar inicuamente - Sir 15, 16-21
Domingo 6 do Tpo. Ordinario - ciclo A
DÁNOS FORZAS PARA SER FIEIS
SEÑOR, DÁNOS FORZAS PARA SER FIEIS
á túa Palabra que nos ilumina e ensina os camiños do Reino;
á túa presenza, que crea en nós
ansias de felicidade e razóns para vivir;
aos teus mandatos que nos permiten ser libres de verdade?
Señor, dános forzas para ser fieis
e descubrirte na entrega sinxela pero sincera aos demais.
Dános forzas para ser fieis ao teu proxecto sobre nós;
ás túas esixencias que nos chaman á plenitude e á entrega;
á túa chamada para non esquecernos
do moito que, hoxe e sempre, nos queres.
SEÑOR, DÁNOS FORZAS PARA CAMIÑAR.
Igual que a moitos dos nosos seres queridos, Señor,
o luns pasado despedimos en Vigo ao noso irmán Enrique.
Non se trata de como morreu, senón de como viviu;
non se trata de canto gañou, senón de canto deu.
Non se trata de se tivo diñeiro senón de se tivo corazón.
Tivo sempre unha palabra amable, un sorriso?
Soubo sempre enxugar unha bágoa?
Estivo á beira do que lle necesitou?
Non importa cal foi o seu templo, nin cal foi o seu credo.
O que importa é se axudou aos que lle necesitaban.
Non importan os eloxios merecidos que, ao morrer, lle fixemos;
o que importa é por que choramos a súa morte.
SEÑOR, DÁNOS FORZAS
para facernos as grandes preguntas
e que as nosas respostas sexan a confianza plena en ti
e as mans tendidas e abertas para abrazar aos nosos irmáns.
Señor, dános forzas para camiñar!
Señor, dános forzas para ser fieis!
Señor, dános forzas
para non ter medo a facernos as grandes preguntas,
esas que xustifican e dan sentido á vida! Amén.
Isidro Lozano
Comentarios
Publicar un comentario