A túa luz irrumpirá coma a mañá - Is 58, 7-10
Domingo 5 do Tpo. Ordinario - ciclo A
FAIME, SEÑOR, RAIO DO TEU SOL
FAIME, SEÑOR, RAIO DO TEU SOL,
RECIPIENTE DO TEU SAL.
Se ti es o sol da miña vida, Señor,
non camiñarei por paraxes escuras
onde o frío do inverno e a escuridade asaltan a miña vida.
Se ti es o sol da miña vida, Señor,
achegarei luz e calor aos meus irmáns,
ateridos de frío, de soidade e de nostalxia...
Se ti es o sal da miña vida
podes contar comigo, Señor,
para sazonar, co optimismo, a alegría e a verdade,
a vida dos meus irmáns.
Se ti es o sal da miña vida,
podes contar comigo, Señor,
para dar sabor á historia escrita con nomes concretos:
a vida de Carla, de Xaime e de Santi,
os interminables días de Juanjo
e as noites, cada vez máis noites, de Pedro...
...porque ti es, Señor, o sal que dá sabor,
a Luz que ilumina a todo home que vén a este mundo.
FAIME, SEÑOR, RAIO DO TEU SOL,
RECIPIENTE DO TEU SAL.
Se ti es o sol da miña vida, Señor,
ofrecerei a luz da túa presenza,
aos que viven coma se non existises
aos que, crendo en Ti,
camiñan coma se o Evanxeo fose unha novela de aventuras.
Se ti es o sal da miña vida, Señor,
experto en conservar todo o que de Ti recibín,
axudarei a experimentar o sabor das túas cousas
a cuantos camiñan ao meu lado...
...porque Ti es, Señor, o sal que dá sabor,
a Luz que ilumina a todo home que vén a este mundo.
Por iso, Señor, agora, xa podes deixar ao teu servo irse en paz,
porque os meus ollos viron ao Salvador,
a luz do mundo e o sal dos pobos. Amén.

Isidro Lozano
Comentarios
Publicar un comentario