4 feb. 2017

Domingo 5 de Ordinario A


Di o Señor:
7¿Non é acaso reparti-lo teu pan co famento
e acoller na túa casa os pobres sen pobo?
Cando véxa-lo espido, vísteo
e non te escondas da túa propia carne.
8Entón resplandecerá a túa luz coma a alba
e a carne nova da túa ferida brotará logo.
Si, a túa xustiza camiñará diante de ti
e a gloria do Señor pechará a marcha.

9Entón clamarás ó Señor e responderache,
pediraslle axuda e dirache: "Aquí estou".
Se apartas do medio de ti o xugo,
o sinalar co dedo e a palabra mala,
10se lle quitas ó famento a gana que ti sentes,
e fárta-la gorxa aflixida,
entón a túa luz brillará na escuridade
e a túa tebra será coma o mediodía.



 SALMO RESP. Sal 111, 4-5. 6-7. 8a e 9
R/ (4a): Nas tebras brilla unha luz para os rectos,

Ou: Aleluia

4Nas tebras brilla unha luz para os rectos,
os xustos, os misericordiosos e os clementes.
5Benia quen se apiada e presta,
e goberna os seus bens con xustiza.

6Endexamais non perecerá,
pois de eterna lembranza son os rectos.
7Non terá medo de malas noticias,
pois o seu corazón confía no Señor.

 8O seu corazón está firme e sen medo,
9Dálles xenerosamente ós pobres,
a súa prosperidade é duradeira:
erguerá con honor a súa fronte.



SEGUNDA 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

2 1En canto a min, irmáns, cando cheguei onda vós, non cheguei exhibindo elocuencia nin saber para anunciárvo-lo misterio de Deus. 2Nada pretendín saber entre vós fóra de Xesús Cristo; e Cristo crucificado. 3E eu presenteime diante vosa cunha sensación de impotencia e tremendo de medo; 4e a miña palabra e maila miña predicación non se apoiaban en argumentos persuasivos e sabios, senón que constituían unha demostración do poder do Espírito: 5todo para que a vosa fe non se apoie na sabedoría dos homes, senón no poder de Deus.



 ALELUIA Xn 8, 12:
Eu son a luz do mundo, di o Señor;
quen me segue terá a luz da vida



EVANXEO Mt 5, 13- 16
Vós sóde-la luz do mundo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:
13Vós sóde-lo sal da terra. Pero se o sal se volve insulso, ¿con que se vai salgar? Para nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.

14Vós sóde-la luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade afincada na cima dun monte. 15Tampouco se encende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón sobre o candeeiro, para que alume a tódolos da casa. 16Alume así a vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos.


 Resultado de imaxes para dibujos fano + sal e luz

OFERTORIO: Recibe Señor
COMUÑÓN: Eu soñei


TVG:

No hay comentarios:

Publicar un comentario