Deus tiña predestinada unha sabedoría antes dos séculos para a nosa gloria - 1 Cor 2, 6-10

Domingo 6 do Tpo. Ordinario - ciclo A



PREGARIA SILENCIOSA


Permanecerei en silencio,

todo o tempo que sexa necesario,

atento e coas xanelas abertas,

á espera da túa Palabra

por se me convidas e chamas.

Só entón

abrirei os meus beizos.


Acalarei outras voces e ecos,

farei oídos xordos a todos os ruídos,

e irei tras a túa voz,

a que pronuncia o meu nome

dándolle vida e camiño.

Só entón

pronunciarei o teu nome.


Non opinarei de Ti

ata que non entres en min,

ata que non quentes o meu corazón,

ata que non recrees a miña mente,

ata que a túa luz non cegue o meu espírito.

Só entón

falarei de Ti.


Antes de continuar a túa tarefa e empeño,

antes de traballar a terra e o Reino,

antes de responsabilizarme

deixarei que o lume do teu amor

imprima a súa marca na palma das miñas mans.

Só entón abrazarémonos.

E, xuntos, iremos ao mundo.


Florentino Ulibarri


Comentarios

Publicacións populares