2 feb. 2017

Farei que quede no medio de ti un pobo pobre e humilde - Sof 2, 3; 3, 12-13

Domingo 4 do Tpo. Ordinario - ciclo A


FAIME BENAVENTURADO

FAIME BENAVENTURADO, SEÑOR!
Coas antenas da miña vida dirixidas a Ti
e, descubrindo que, da pobreza de espírito
brota a riqueza que Ti queres para min.
Sempre na túa procura para non perderme,
e sabendo que a felicidade
non sempre se alcanza co que esta sociedade me ofrece.
Que na dor descubra o teu rostro amigo
e que, ante o sufrimento dos meus irmáns,
saiba pór en sintonía o corazón
para facer posible un encontro fraterno.
Que, ante as dificultades, aprenda a chorar en solidariedade,
sempre experto en dores compartidas.

FAIME BENAVENTURADO, SEÑOR!
Sinxelo e humilde
para que, desde a franqueza e desde a lealdade,
aprenda a confiarche a miña vida;
e para que, nas dificultades me mostre valente e arriscado,
de maneira que a cruz de cada día
non sexa máis grande que as miñas forzas
e saiba abrazala e con ela seguir o teu camiño.

FAIME BENAVENTURADO, SEÑOR!
Imprime no meu corazón as cores do teu amor
e na miña alma o fulgor do Evanxeo
para que os meus pés marquen a túa pegada na historia
e os meus ollos aprendan a descubrirte e a non perderte.

FAIME BENAVENTURADO, SEÑOR!
Feliz por estar xunto a Ti; feliz por facer o que Ti me sinalas.
Feliz por seguirte aínda que camiñe ao contraxeito,
experto en dores compartidas
e amante da cruz que me regalas cada día.

FAIME BENAVENTURADO, SEÑOR!




Isidro Lozano



No hay comentarios:

Publicar un comentario