Domingo 6 de Ordinario A
A ninguén mandou actuar inicuamente
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO
15Se ti queres, podes
garda-lo precepto,
face-la súa vontade é sinal de intelixencia.
16Puxo diante de ti o lume e maila auga:
bota a man ó que prefiras.
17Diante de cada home están a vida e a morte:
o que anceie: iso daráselle;
18pois grande é a Sabedoría do Señor,
El é potente e egrexio e todo o dexerga.
19Os ollos de Deus contemplan as súas creaturas
e El penetra as accións de cadaquén.
20Non lle mandou ó home que pecase
nin deu pé ós homes falsos.
SALMO RESP. Sal 118,
1-2. 4-5. 17- 18. 33-34
R/ (1b): Ditosos os que andan coa lei do Señor
1Ditosos os de conducta intachable,
os que andan coa lei do Señor.
2Ditosos os que observan os seus mandatos
e o buscan de todo corazón;
4Ti déche-los teus preceptos
para que se cumpran con esmero.
5Que a miña conducta sexa firme
en garda-los teus decretos.
17Faille ben ó teu
servo, para que viva
e garde a túa palabra.
18Abreme os ollos para que vexa
as marabillas da túa lei.
33Móstrame, Señor, a
vía dos teus mandatos
e seguireina ata a fin.
34Dáme entendemento para observa-la túa lei,
e gardareina de todo corazón.
SEGUNDA 1 Cor 2, 6-10
Deus tiña predestinada unha sabedoría antes dos séculos para
a nosa gloria
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
6O que predicamos entre os perfectos é sabedoría, pero non
sabedoría deste mundo nin dos xefes perecedeiros deste mundo. 7Nós predicamos unha
sabedoría de Deus, misteriosa, que permanecía gardada, que Deus tiña predestinada desde
antes dos séculos para a nosa gloria. 8Ningún dos xefes príncipes deste mundo a coñeceu;
pois se a coñecesen, non crucificaban o Señor da Gloria. 9Pero como está escrito:
O que o ollo non viu,
o que o oído non sentiu,
e o que non pasou pola mente do home:
iso preparou Deus para os que o aman.
10E a nós revelóunolo Deus polo Espírito; pois o Espírito
esculca todo, mesmo as profundidades de Deus, 11
ALELUIA Cf. Mt 11,
25:
Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra
porque reveláche-los misterios do Reino ós pequenos
EVANXEO Mt 5, 17-37 (máis longa)
Tal se lle dixo ós antigos; pero eu dígovos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ós seus
discípulos
17Non pensedes que vin derroga-la Lei e os Profetas; non vin
para derrogar, senón para dar cumprimento. 18Porque vos aseguro: mentres non pasen o
ceo e maila terra non pasará nin unha letra nin un til da Lei ata que todo se cumpra. 19E
quen falte a un destes mandamentos máis pequenos e así llelo ensine a facer ós
outros, será declarado o máis pequeno no Reino dos Ceos; pero quen os cumpra e ensine será
declarado grande no Reino dos Ceos. 20Porque vos aseguro que se a vosa xustiza non é
maior cá dos letrados e fariseos, non entraredes no Reino dos Ceos.
21Tedes oído que se lles dixo ós vosos devanceiros: Non
matarás, e quen mate será reo ante o tribunal. 22Pero eu dígovos: Todo o que se enrabeche
co seu irmán será reo ante o tribunal; quen o alcume será reo ante o Sanedrín; e quen o
aldraxe será reo do lume do inferno.
23Se ó presentáre-la túa ofrenda no altar te acordas entón
de que o teu irmán ten queixas contra ti, 24pousa a ofrenda alí mesmo, diante do altar,
vaite primeiro reconciliar co teu irmán, e logo volve a presenta-la túa ofrenda.
25Ponte de acordo, canto antes, co teu preiteante mentres
ides de camiño; non sexa que te entregue ó xuíz, o xuíz ó garda, e te boten na cadea. 26Ten
por seguro que non sairás de alí ata que deas pagado o derradeiro céntimo.
27Tedes oído que foi dito: Non cometerás adulterio. 28Pois
eu dígovos: Todo aquel que mira a unha muller casada con desexo, xa cometeu adulterio
no seu corazón.
29Se o teu ollo dereito che é ocasión de pecado, arríncao e
tira con el; que máis che vale que se perda un dos teus membros e non que te boten todo
enteiro no inferno. 30Se a túa man dereita che é ocasión de pecado, córtaa e tira con ela
lonxe de ti; que máis che vale que se perda un dos teus membros e non que te boten todo
enteiro no inferno.
31Ténsevos dito: Quen repudie á súa muller, déalle acta de
repudio. 32Pero eu dígovos: Todo o que repudia á súa muller, fóra o caso de estaren
malvivindo, expona a ser adúltera e o que case cunha repudiada comete adulterio.
33Tamén tedes oído que se lles dixo ós devanceiros: Non xurarás
en falso, e cumprira-las promesas feitas con xuramentos ó Señor. 34Pero eu dígovos:
Non xuredes nunca: nin polo ceo, que é o trono de Deus; 35nin pola terra, porque é
escano para os seus pés; nin por Xerusalén, que é a cidade do gran Rei. 36Tampouco xures pola
túa cabeza, porque nin sequera lle podes virar branco ou negro un só pelo.
37Falade, logo, deste xeito: "Si", cando é si; "Non", cando é non; e todo o que pase de aí
vén do Malo.
Ou máis breve: 20-22a. 27-28, 33-34a. 37 :
Dilles Xesús ós seus discípulos:
20Asegúrovos que se a vosa xustiza non é maior cá dos
letrados e fariseos, non entraredes no Reino dos Ceos.
21Tedes oído que se lles dixo ós vosos devanceiros: Non
matarás, e quen mate será reo ante o tribunal. 22Pero eu dígovos: Todo o que se enrabeche
co seu irmán será reo ante o tribunal.
27Tedes oído que foi dito: Non cometerás adulterio. 28Pois
eu dígovos: Todo aquel que mira a unha muller casada con desexo, xa cometeu adulterio
no seu corazón.
33Tamén tedes oído que se lles dixo ós devanceiros: Non
xurarás en falso, e cumprira-las promesas feitas con xuramentos ó Señor. 34Pero eu dígovos:
Non xuredes nunca.
37Falade, logo, deste xeito: "Si", cando é si;
"Non", cando é non; e todo o que pase de aí vén do Malo.
CANTO GOZOSO
- ENTRADA: Andarei na presenza do Señor
- LECTURAS: Amigos nas penas
- OFERTORIO: Eu soñei
- COMUÑÓN: O pouco que Deus nos dá
- Todos xuntos
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario