Domingo 8 de Ordinario A
PRIMEIRA Is 49, 14-15
Non me esquecerei de ti
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
14Sión di: "Iavé non me abandonou, o Señor non se esqueceu de min".
15"¿Esquécese unha muller do seu meniño? ¿Non se compadece do fillo das súas
entrañas?
Aínda que ela se esqueza, eu non me esquecerei de ti.
SALMO RESP. Sal 61, 2-3. 6-7. 8-9ab
R/ (6a): Soamente en Deus acouga, alma miña:
2Soamente en Deus acouga a miña alma,
del vén a miña salvación.
3El é a miña rocha, o meu acorro,
o meu castelo. Xamais eu non caerei.
6Soamente en Deus acouga, alma miña:
El é a miña esperanza.
7El é a miña rocha, o meu acorro,
o meu castelo. Xamais eu non caerei.
8Deus é a miña salvación e a miña gloria;
el é a miña rocha, o meu castelo.
9Pobo seu, afiúnza sempre nel,
desafoga diante del o corazón.
SEGUNDA 1 Cor 4, 1-5
O Señor ha manifesta-los motivos dos corazóns
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
4 1Que a xente vexa en nós uns servidores de Cristo e administradores dos misterios de
Deus. 2Ora, o que se lles pide ós administradores é que sexan de fiar. 3Por min impórtame
moi pouco que me pidades contas vós ou un tribunal humano; nin tan sequera eu me xulgo
a min mesmo. 4Certo que de nada me remorde a conciencia. Pero non por iso estou xa
xustificado: quen me pide contas é o Señor. 5De modo, que non xulguedes antes de tempo:
agardade a que chegue o Señor. Xa se encargará El de sacar á luz os segredos das tebras e
de descubri-los motivos dos corazóns. Entón quen o mereza recibirá do Señor o seu
aprobado.
ALELUIA Hebr 4, 12
A palabra do Señor e viva e eficaz
discerne os pensamentos e intencións do corazón
EVANXEO Mt 6, 24-34
Non vos preocupedes polo que pasará mañá
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ós seus discípulos:
24Ninguén pode servir a dous amos, porque ou lle ten lei a un e xenreira a outro, ou ben
atende a un e menospreza ó outro. Non podedes servir a Deus e mai-lo diñeiro.
25Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (o que ides comer, o que ides
beber), nin polo voso corpo (o que ides vestir). ¿Non vale máis a vosa vida cá mantenza, e
non vale máis o voso corpo có vestido?
26Ollade para as aves do ceo: nin sementan, nin seituran, nin recollen nas arcas e, con
todo, son mantidas polo voso Pai celestial. ¿Non valedes vós máis ca elas? 27E ¿quen de
vós, por máis que se angustie, pode engadir un anaco máis ó tempo da súa vida?
28E polo vestido ¿por que vos angustiades? Aprendede dos lirios do campo: como medran,
e non traballan, nin fían. 29E asegúrovos que nin Salomón en toda a súa gloria se chegou a
vestir coma un deles. 30Pois se á herba do campo, que hoxe verdexa e mañá será botada ó
forno, Deus así a viste, ¿canto máis non fará por vós, homes de pouca fe?
31Non andedes angustiados dicindo: "¿Que imos comer?" ou "¿que imos beber?" ou "¿que
imos vestir?" 32Por todas esas cousas andan angustiados os pagáns; e ben sabe voso Pai
celestial que as precisades. 33Procurade primeiro o Reino de Deus e maila súa xustiza, e
todas esas cousas hánsevos dar de máis a máis. 34Así que non vos angustiedes polo de
mañá; mañá xa traerá a súa angueira. Cada día ten abondo cos seus pesares.
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Vinde axiña
LECTURAS: Eu sei de quen me fiei
OFERTORIO: Benaventurados
COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario