Amarás ó teu próximo como a ti mesmo - Lev 19, 1-2. 17-18

Domingo 7 do Tpo.Ordinario - ciclo A


MíRASENOS

Non temos nas nosas mans
a solución aos problemas do mundo;
pero, fronte aos problemas do mundo,
temos as nosas mans.
Cando o Deus da historia veña,
miraranos as mans.

Non temos no noso corazón
a tenrura para acougar tantos mares de violencia;
pero, fronte a eses mares de violencia,
temos o noso corazón.
Cando o Deus da historia veña,
miraranos o corazón.

Non temos nas nosas entrañas
o consolo para serenar este val de bágoas;
pero, fronte a este val de bágoas,
temos as nosas entrañas.
Cando o Deus da historia veña,
miraranos as entrañas.

Non temos na nosa carteira
diñeiro suficiente para alegrar aos pobres;
pero a pesar de tanta pobreza e miseria
aínda aforramos e sóbranos.
Cando o Deus da historia veña,
de nada servirannos os nosos aforros e moedas.


Florentino Ulibarri



Comentarios

Publicacións populares