4 feb. 2017

Anunciéivo-lo misterio de Cristo crucificado - 1 Cor 2, 1-5

Domingo 5 do Tpo. Ordinario - ciclo A


DEUS DO SILENCIO

Non anuncias a hora da túa chegada,
nin pregoas a túa presenza
con trompetas, campás ou canóns.

Xa non nos convocas, como outrora,
con signos e prodixios, a ver a túa gloria.
Non queres espectáculos.

Pérdeste por rúas secundarias,
prazas públicas e mercados de barrio
onde non hai pedestais nin estatuas.
Ti non es un deus de aplausos, berros e aclamacións.

Es o Deus da brisa e o silencio.
Ti chegas ao corazón e rumoreas palabras de vida.
E, nas encrucilladas, miras e miras.
E quédaste se te aceptamos;
e vaste se te rexeitamos.

Es a salvación, pero só te ofreces
aos que saben de silencios
e de encontros en encrucilladas.
Deus silencio.
Deus encontro.

Florentino Ulibarri




No hay comentarios:

Publicar un comentario