NOVIDADES SOBRE A BIBLIA EN GALEGO

   Para comezar o novo curso con bo pé, tráivos boas novas. 

   Grazas aos esforzos continuados da editorial SEPT e a necesidade e insistencia dos galegos e non galegos, teño a ledicia de comunicarvos que xa leva un par de anos cocéndose a nova edición da Biblia cos textos revisados e actualizados á nova normativa do galego e que, en breve, esperamos volver a tela dispoñible nas librarías galegas.

   Chéganme peticións continuas solicitando un lugar onde mercar a Biblia en galego, desgraciadamente só en posible por internet ou nalgunha libraría perdida ou poñéndose en contacto directo coa editorial SEPT por se algunha queda "traspapelada"...



   Hai uns meses entrei en contacto directo con SEPT e facilitáronme o acceso á nova versión que vou subindo aos poucos á web, pero dá moito traballiño e aínda tardarei un tempo. Esta vez incluíndo, como solicitaban os usuarios e lectores, as anotacións e introduccións de cada libro. 
   Iso si, paciencia, porque é traballo de formiga...




Comentarios

Publicacións populares