XMX CRACOVIA 2016 - Día 18 e medio (Diocese Tui-Vigo)

Luns 1.
Todo o día en Viena

Hoxe todo o día por Viena
visitando a cidade:
a catedral de S.Estevo (Stephansdom),

 
  
   
(aí tedes a Susiño "traballando"), 
 esta é a rúa Graben de Viena, a principal,
coa Columna da Peste (para conmemorar
ós que morreron a finais do s.XVII), 
 
ó fondo o palacio Hofburg 
(hai que saír nas fotos, rapaces, 
que parezo unha guía turísticaaa...)

 
 
  
 (unha paréntese para a comida)
o Volksgarten, ou Xardín do Pobo 
-para entendernos-,
  na Ringstrasse ou avenida principal está o Concello,
  máis igrexas... 
iso si, suspensos en historia da arte 
porque non aparece a de S.Carlos Borromeo
(hmmm...).
 

 Unha gran viaxe, merece unha gran despedida:
cea de gala, requeteghuapísmos
e requetepeinadísmos 
para celebrar unha gran experiencia...


(NOTA: moitas grazas por deixarme participar inda que fose desde casa, 
estamos desexando recebirvos de novo e que nos contedes. 
Unha enorme aperta desde a terra, estaremos esperándovos
... e a vosa cama tamén ;D)

E, despois da cea, noite en ruta hacia Berlín 
para coller o avión de volta a casa.

Martes 2. 
Voamos Berlín-Madrid 
e regreso en autobús hacia os puntos de saída. 
Chegada ó longo da noite.

Isto acaba rapaces...


ou non...

Comentarios

Publicacións populares