Co mesmo feito co que castigabas os adversarios déchesnos sona convocándonos a ti - Sab 18, 6-9

Domingo 19 do Tpo. Ordinario - ciclo C


ESCOITA

Non escoitamos só co noso oído. 
O noso corpo tamén escoita. 
Unha palabra, cando atopa un corpo aberto, esténdese por el. 
O silencio crea unha resonancia na Palabra. 
Despois de facer silencio escóitase mellor. 
O silencio é un baleiro e faise presente unha plenitude. 
Só o baleiro pode dar resonancia. 
Non se pode cantar coa boca chea. 
É necesaria a capacidade de escoita.

O oído non selecciona. 
A vista é máis selectiva. 
O oído decátase de todo. 
Do canto do paxaro e do asubío do vento. 
O silencio é necesario para seleccionar a Palabra 
e para dicir o que o salmista. 
Oio no meu corazón unha voz.

Para escoitar é necesario o afecto. 
A nosa escoita é inmensamente provocadora. 
A escoita inspira ao outro. 
Se escoitas, desatas os valos do outro e provocas a súa palabra.

A Palabra, se nos toca e férenos, pódenos acompañar eternamente. 
Busca a Palabra que habita no teu corazón. 
Non a busques fora. 
Dalgunha maneira xa está dentro. Escóitaa. 
O que fai a Palabra é espertar algo que xa está dentro de nós. 
Polo silencio un aprende a escoitar sen anticipación. 
Non adiantarnos á palabra é boa cousa. 
Non dicir antes de tempo o que o outro nos ten que dicir.

Deus ten unha palabra soa: Xesús. 
A simplicidade de Deus é manifesta. 
E é que nunha Palabra poden florecer as demais. 
Basta escoitar unha palabra para que ela vaia madurando. 
Unha palabra que recolla sempre o noso silencio e a nosa atención. 
A Palabra buscaranos a nós. Non a manipulemos. 
No silencio pódenos atopar. 


http://www.dominicos.org/

Comentarios

Publicacións populares