Agardaba aquela cidade da que o arquitecto e construtor é Deus - Heb 11, 1-2. 8-19
Domingo 19 do Tpo. Ordinario - ciclo C
A VIDA, SEÑOR, É UN CAMIÑO
A vida,
Señor, é un camiño que, ás veces, cansa.
Gustaríanos
deter os nosos pasos e quedarnos nun lugar,
levantar a
nosa casa, coidala e decorala cunha chea de obxectos.
Pero non é
posible. Hai que seguir camiñando
buscando
novos horizontes, atopando novas persoas,
renovando os
vellos esquemas, adaptándose a novas situacións.
Somos, na
vida, herdeiros dos nómades.
Decidimos un
día cortar con Exipto
que é a actitude de non moverse,
levantar
grandes construcións,
muros infranqueables, tumbas xigantes.
Pero os nosos
pais tomaron a decisión de vivir a vida
en continuo
cambio e en perpetua renovación.
Así que ti,
Deus dos nosos pais,
es tamén o Deus camiñante connosco,
o que non se
deixa encerrar en casas
nin en ritos nin en fórmulas,
senón que
vives en continua adaptación á vida.
Non tes tumbas, déixalas
baleiras enseguida
que alguén pretende enterrarte e momificarte.
Ti es o Deus
vivo e da vida.
Anímasnos a estar sempre en proceso de cambio.
E cansámonos
ás veces.
Non é fácil vivir sempre nesa tensión que renova a
nosa fe,
pero peor é quedarse ancorado nunha fe morta
e estancada
que, como a auga, pode corromperse.
Axúdanos co teu Espírito
que renova
sempre, como o aire, o ambiente da vida.
Fai que non acumulemos moitos
obxectos decorativos da fe,
que logo son un peso excesivo
para seguir o
camiño, ou dificultan e, ás veces, fano imposible.
Dános espírito
de aventura e grazas por estar no noso camiño.
Eucaristía evd
Comentarios
Publicar un comentario