14 ago. 2016

Fixéchesme varón de discordia en toda a terra - Xer 38, 4-6. 8-10

Domingo 20 do Tpo. Ordinario - ciclo C


VIN PRENDER LUME

Vin prender lume: 
para acender as conciencias apagadas,
para despexar as mentes debilitadas,
para erguer os ánimos decaídos,
para infundir enerxía aos abatidos.

A iso vin, a iso envío:
a alentar, estimular,
reconfortar os esforzados,
avivar as mechas fumegantes,
prender lume.

Vin prende lume:
o meu é o lume que arde sen consumirse,
o lume que aluma a todo home e muller,
o lume que incendia os corazóns,
o lume que aluma na escuridade,
o lume que brilla nas tebras.

A iso vin, a iso envío:
a arder e incendiar, a brillar e iluminar,
a prender lume.



Joaquín Suárez


No hay comentarios:

Publicar un comentario