Faite humilde; encontrarás graza diante de Deus-Eclo 3, 19-21. 30-31

Domingo 22 do Tpo. Ordinario - ciclo C


HUMILDADE 



Non hai día en que o sol non saia,
nin hora en que o aire non nos envolva,
nin minuto no que a nai terra
non procree nas súas entrañas a vida. 

Iso é humildade.

Non hai día no que a señora Carmen
non se afane polo seu fillo doente,
nin día en que o señor Alexandre
non regrese a casa do traballo, canso.
Iso é humildade.


Tampouco hai día no que a avoa Manuela,
mentres recorda, non mire co corazón
as súas netas pequenas. 

Iso é humildade.

Non hai día en que unha moza Iria,
recentemente terminada medicina
non se vaia a un país de África,
a curar feridas. 
Iso é humildade.

Nin tampouco día no que,
mentres un pai, Xosé,
lle di ao seu fillo «soños de mocidade!»,
un mozo, Uxío, non soñe cun mundo
máis humano e mellor.
Iso é humildade.


Humildade...




Comentarios

Publicacións populares