Corramos con aguante a carreira que temos por diante - Heb 12, 1-4

Domingo 20 do Tpo. Ordinario - ciclo C


O CAMIÑO 

Señor Xesús, 
non quero unha vida que se apoie desde fóra.
Non quero muletas que non me deixen ir lonxe.
Non quero soportes que non aguanten a miña liberdade.
Non quero parches para o meu camiño, 
nin caretas para os meus problemas.
Non quero mans que me empuxen, 
nin que dean corda ao meu fracaso.
Non quero quedarme na casca das cousas 
mentres o meu corazón morre de fame. 

Non quero optar pola morte, pola destrución, 
polas cousas que se acaban, polo fume de pallas.
Non quero vivir desde a superficie, desde a pel.
Non quero ser vida baleira, vida gastada.

Señor Xesús: quero vivir con forza e desde dentro!.
Señor Xesús, quero pedirche forza para optar.
Forza para optar como persoa, como home.
Forza para optar por unha fe recia en ti;
para optar pola comunidade en que vivo.
Forza para optar por un proxecto de vida;
para optar polos necesitados de axuda.
Forza para optar por unha vida sen termo;
para optar e vivir sempre decidido a comezar de novo.. 

Pastoral SJ




Comentarios

Publicacións populares