Paz convosco (Pasados oito días, veu Xesús...) - Xn 20, 19-31
Domingo 2 de Pascua - ciclo C
A PRESENZA DE XESÚS
RESUCITADO
Dános, Señor, a paz da
xente humilde,
non a paz sufrida e
derrotada,
dános unha paz valente e
forte,
dános unha paz
resucitada.
Arríncanos o medo que
nos priva
de darlle fronte á xente
que nos tripa,
e fainos decididos na
ousadía
por unha vida nova,
limpa e rexa.
Pois que somos de ti os
enviados
para facermos cousas
grandes en Galicia,
líbranos ti do mal do
desespero,
fuxa de nós a praga da
preguiza.
O teu Espírito, forza e
paz a un tempo,
sobre nosoutros baixe en
abundancia,
e con el o poder
comunitario
para sermos dos vencidos
esperanza.
De entre nós, aos que
son desconfiados,
aos medosos, covardes,
preguiceiros,
dálles fe, curador de
humanos males,
dálles forza, dos
frouxos menciñeiro.
Na loita polo pan que
nos sustenta,
no medio dos traballos
desta vida,
que saibamos, Señor,
gardarche tempo,
que medre así o amor que
nos anima.
Felices os que cren nun
mundo novo
con persoas e pobos
diferentes,
a pesar da maldade que
coñecen,
felices, si, felices
eses crentes.
Comentarios
Publicar un comentario