Como rezar o Via Lucis - 2ª parte
ADAPTADO DE: www.es.catholic.net
Oración Preparatoria
Señor
Xesús, coa túa Resurrección
triunfaches sobre a morte
triunfaches sobre a morte
a
alegría, a esperanza firme.
Ti
que fortaleciches a fe dos apóstolos,
das
mulleres e dos teus discípulos
ensinándoos
a amar con obras,
fortalece
tamén o noso espírito vacilante,
para
que nos entreguemos de cheo a ti.
Queremos
compartir contigo
e coa túa Nai Santísima
e coa túa Nai Santísima
a
alegría da túa Resurrección gloriosa.
Ti
que nos abriches o camiño cara ao Pai,
feixe
que, iluminados polo Espírito Santo,
gocemos
un día da gloria eterna.
1ªESTACIÓN:
CRISTO VIVE!:
RESUCITOU!
Na
cidade santa, Xerusalén, a noite vai deixando paso ao Primeiro Día da semana. É
un amencer glorioso, de alegría desbordante, porque Cristo venceu
definitivamente á morte. Cristo vive! Aleluia!
Do Evanxeo segundo S. Mateo 28,
1-7 (Mc 16, 1-8; Lc, 24, 1-9; Xn 20, 1-2)
1 Pasado o sábado, na alborada do
primeiro día da semana, María Magdalena e maila outra María foron visita-lo
sepulcro. 2Entón produciuse un grande terremoto, xa que o anxo do Señor,
baixando do ceo, removeu a lousa e sentou enriba dela. 3Tiña o aspecto dun relampo
e o seu vestido era branco coma a neve. 4Os gardas tremeron co medo, ficando
coma mortos. 5Mais o anxo díxolles ás mulleres:
‑Non teñades medo, ben sei que
buscades a Xesús o crucificado. 6Non está aquí, resucitou tal como dixera.
Vinde ve-lo sitio onde estaba. 7E ide axiña dicirlles ós seus discípulos:
"Resucitou de entre os mortos e vai diante de vós para Galilea: alí o
veredes". Iso é o que vos tiña que dicir.
Comentario
Nos
sepulcros adoita pór 'Aquí xace', en cambio no de Xesús o epitafio non estaba
escrito senón que o dixeron os anxos: 'Por que buscades entre os mortos ao que
vive? Non está aquí, senón que resucitou' (Lc 24, 5-6).
Cando
todo parece que está acabado, cando a morte parece dicir a última palabra, hai
que proclamar cheos de gozo que Cristo vive, porque resucitou. Esa é a gran
noticia, a gran verdade que dá consistencia á nosa fe, que enche dunha alegría
desbordante nosa vida, e que se entrega a todos: 'até aos mortos foi anunciada
a Boa Noticia' (1 Pe 4, 6), porque Xesús abriu as portas do ceo aos xustos que
morreron antes que El.
Cristo,
que quixo redimirnos deixándose cravar nun madeiro, entregándose plenamente por
amor, venceu á morte. A súa morte redentora liberounos do pecado, e agora a súa
resurrección gloriosa abriunos o camiño cara ao Pai.
Oración
Señor
Xesús,
quixemos
seguirche nos momentos difíciles
da
túa Paixón e Morte, sen avergoñarnos da túa cruz redentora.
Agora
queremos vivir contigo a verdadeira alegría,
a
alegría que brota dun corazón namorado e entregado,
a
alegría da resurrección.
Pero
ensínanos a non fuxir da cruz,
porque
antes do triunfo adoita estar a tribulación.
E
só tomando a túa cruz poderemos enchernos dese gozo
que
nunca acaba.
2ªESTACIÓN:
O ENCONTRO CON
MARÍA MAGDALENA
María
Magdalena, vai á fronte das mulleres que se dirixen ao sepulcro para terminar
de embalsamar o corpo de Xesús. Chora a súa ausencia porque ama, pero Xesús non
se deixa gañar en xenerosidade e sae ao seu encontro.
Do Evanxeo segundo San Xoán 20, 11-18
(cf. Mc 16, 9-11; Mt 28, 9-10).
11Mentres tanto, María quedara ó pé do sepulcro, na parte de fóra,
chorando. Sen deixar de chorar, abaixouse a ollar no sepulcro. 12Viu dous anxos
de branco, sentados, un á cabeceira e outro ós pés do sitio onde xacera o corpo
de Xesús.
13Eles preguntáronlle:
‑Muller, ¿por que choras?
‑Porque colleron ó meu Señor e non sei onde o puxeron.
14Dito isto, virouse cara atrás e viu a Xesús alí de pé, pero sen se
decatar de que era Xesús. 15Xesús preguntoulle:
‑Muller, ¿por que choras? ¿A quen buscas?
Ela, coidando que era o xardineiro, díxolle:
‑Señor, se o levaches ti, dime onde o puxeches, que eu o collerei.
16Xesús díxolle:
‑¡María!
Ela, virándose, exclamou en hebreo:
‑¡Rabbuni! (que quere dicir "Mestre").
17Xesús díxolle:
‑Sóltame, que aínda non subín onda o Pai; máis ben, vai onda os meus
irmáns e dilles: "Subo onda meu Pai e voso Pai, o meu Deus e o voso
Deus".
18María Magdalena foilles contar ós discípulos que vira o Señor, e que
lle dixera estas cousas.
Comentario
A
Magdalena ama a Xesús, cun amor limpo e grande. O seu amor está feito de
fortaleza e eficacia, como o de tantas mulleres que saben facer del entrega.
María buscou ao Mestre e a resposta non se fixo esperar: o Señor recoñece o seu
agarimo sen fisuras, e pronuncia o seu nome. Cristo chámanos polos nosos nomes,
persoalmente, porque nos ama a cada un. E ás veces ocúltase baixo a aparencia
do hortelano, ou de tantos homes ou mulleres que pasan, sen que nos deamos
conta, ao noso lado.
María
Magdalena, unha muller, vaise a converter na primeira mensaxeira da
Resurrección: recibe o doce encargo de anunciar aos apóstolos que Cristo
resucitou.
Oración
Virxe
María, Nai de Deus e Nai nosa,
a
tradición cristiá dinos
que
a primeira visita do teu Fillo resucitado
foi
a ti, non para fortalecer a túa fe,
que
en ningún momento había decaído,
senón
para compartir contigo a alegría do triunfo.
Nós
querémosche pedir que, como María Magdalena,
sexamos
testemuñas e mensaxeiros da Resurrección de Xesucristo,
vivindo
contigo o gozo de non separarnos nunca do Señor.
Comentarios
Publicar un comentario