21 abr. 2013

Eu doulles a vida eterna ás miñas ovellas - Xn 10, 27-30

Domingo 4 de Pascua - ciclo C



AQUÍ ESTAMOS, SEÑOR

Aquí estamos, Señor, con fame e sede de vida.
Pero amando só a sorbos, para non crear lazos;
rebaixando o evanxeo, para facelo cómodo ....

Soñando utopías sen realidades,
camiñando detrás das túas pegadas,
sen romper lazos que nos escravizan.
E a nosa fame e a nosa sede non desaparecen.

Asubía, Señor, a túa canción,
coma un bo pastor; que se escoite por outeiros
e montañas, pradarías e desertos.
Espértanos desta sesta.

Sacúdenos de tanta indolencia.
Deféndenos de tanto fanatismo.
Condúcenos cara aos pastos da túa terra.
Dános, Señor, vida verdadeira. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario