Bendicirei o teu nome para sempre, meu Deus e meu Rei - Salmo 144

Domingo 5 de Pascua - ciclo C


O SEÑOR DA RIBEIRA

Señor da Praia,
Señor doutros mares…
síntome como Pedro, como Andrés, Santiago, Xoán…
Todo foi rápido… Non o esperaba.

Só a túa palabra e o teu rostro curtido
e ensombrecido polo sol do día
abondou para chamar a miña atención.
A túa voz, pronunciando o meu nome,
foi a porta dun novo futuro a descubrir.

Todos, moitos, estabamos coas nosas redes,
pero a túa mirada dirixiuse a min
e a  túa palabra atraínte pronunciou,
como ninguén pronuncia, o meu nome.

“Ven e sígueme”foi a invitación única e seca
que recibín de ti.

As miñas mans deixaron as redes de sempre
sobre a area de cor dourada de sempre.
Sentín "as súas bágoas" que humedecían a praia
e as miñas mans encalecidas
pola separación que supoñía o seguirte.

Deixei os meus compañeiros de traballo de sempre;
deixei a miña barca querida de sempre ...
... E sen nada, sen as redes que tanto quería
e me facían feliz ata agora, seguinte;
e así me querías; sen as miñas redes.

E aventureime a algo novo
sen a seguridade que me daban as miñas queridas redes.

Tras de ti ías deixando as pegadas
marcadas sobre a area húmida.
De pé intentei pisar as túas pegadas séndoche fiel,
pero volvendo a miña mirada ao pasado,
descubro a miña fraxili­dade humana.

Espido, coas miñas mans só ... así me querías.
O teu amor enchoupou todo o meu ser
e gozoso experimentei que
o único “instrumento” de traballo era “eu”,
e especialmente o meu corazón para amar
e as miñas mans para traballar.

Só querías iso: o meu corazón e as miñas mans.

Deste xeito, convertinme nas túas redes, Señor da Ribeira,
capaces de achegar a ti os enfermos, os afastados,
os amigos e non tan amigos, os ricos e os pobres…

As miñas mans son as túas mans, Señor da Ribeira.
As miñas palabra son as túas palabras, Señor da Area dourada
A miña vida é a túa vida, Señor da Praia.
O meu corazón está no teu corazón, Señor dos Mares.
O teu destino é o meu.
Atrás quedaron as miñas redes.
Algunha vez cruceime con elas
e mirámonos; recoñecémonos
y felices lembramos vellos tempos.
Agora facemos o mesmo; somos o mesmo.
Fomos creados para o mesmo.

Elas traballaron para o seu dono.
Eu amo e traballo para Ti; Señor da Ribeira.

Elas atraíanme e gañaban o pan de cada día.
Ti es o meu pan, e do teu pan entregado e compartido
son saciados os coxos, os eivados,
os cegos, os pobres e tamén os ricos…

E agora comprendo o gozo dos aloumiños
dunhas mans suaves ...
Comprendo a dor e a amargura
de non ser aloumiñado polo meu Dono ...
Entendo as bágoas ao afastarse o meu Señor.
Si, agora entendo que a suavidade duns aloumiños
de quen te ama te enchan de plenitude.
Agora entendo que o entretecer con amor
é amor compartido.
Entendo a ledicia das miñas redes
cando eran aloumiñadas
polas miñas mans rudas e encalecidas.

Señor da Ribeira ...
Agora Señor das redes ...
Os aloumiños das túas mans
dan plena satisfacción aos meus traballos
nos mares onde son enviado a traballar,
e sinto a cotío a ausencia da túa pel suave
polo afán de crer que son libre lonxe de ti.

Agora entendo as miñas redes.
Agora que son a túa rede,
Señor da Ribeira.


Comentarios

Publicacións populares