Nós somos o seu pobo, ovellas do seu rabaño - Salmo 99
Domingo 4 de Pascua - ciclo C
COMO UNHA OVELLIÑA TÚA
Xesús,
como unha ovelliña túa
eu quero escoitarte.
Quero aprender
a distinguir a túa voz entre moitas.
Quero coñecerte
para seguirte,
Xesús.
Quero aprender
a diferenciar os teus rastros
nas pisadas dos camiños da vida.
Quero aprender
a escoitar o teu asubío
por entre a ramallada,
Xesús.
Oh Xesús,
como me sinto seguro e agradecido
nas túas mans poderosas!
Ti coñécesme,
e énchesme coa túa vida,
co teu alento,
coa túa resistencia,
Xesús.
Quero ser amigo teu,
quero estar unido a ti, e contigo
quero estar unido ao Pai de todos.
E contigo e o Pai,
quero estar unido
a todos os que sofren marxinación.
E traballar con eles,
con intelixencia,
por unha vida digna na terra.
Quero coñecerte e seguirte,
Xesús.
Comentarios
Publicar un comentario