Novos recursos para o Ano da Fe


Novidade de hoxe mesmo das nosas amigas de 
(fixádevos en S. Paio/S.Pelaio, o santo da nosa diócese,
na Comunión dos Santos)








POWER POINTS
FE
12 segundos


-------------------------------------------


CREDO XUVENIL

Creo en Deus, aínda que moitos vivan coma se estivese morto,
no Deus que está onde alguén agoniza,
que pasa fame, grita ou morre á intemperie.
Creo no Deus Pai-Nai,
que non se cansa de aguantar a quen manipula, explota ou asasina.
Creo no Deus que é Amor,
e non entende de desquites nin de odios,
é Paz, e non quere guerras,
é Liberdade, e desbástenlle as cadeas e grilletes,
é Tenrura, e estremécenlle os berros e as bágoas.
Creo no Deus de Xesús,
que fai renacer a vida
onde o ser humano fabrica unha cruz ou erixe un calvario.

Creo en Xesús de Nazaret,
que nunca pactou co poder e o diñeiro,
amou a verdade, aborreció a hipocreisía,
fíxose amigo de tolleitos e cegos e axusticiados,
dos que non teñen voz,
dos que acusan e denuncian
a mala conciencia de mercadores e políticos.
Creo en Xesús, que morre cando un home mata,
que pasa fame, cando un neno non ten pan,
que sofre soidade no ancián abandonado,
que é condenado no inocente atropelado no seu dereito,
que grita e que chora, que reivindica e denuncia,
alí onde un ser humano reclama amor,
dignidade, dereitos, xustiza.
Creo en Xesús, que morre e resucita cada mañá,
onde alguén se xoga o tipo
por quen está humillado.

Creo en quen viven e morren como Xesús,
en quen aman e perdoan como Xesús,
en quen fan da súa vida servizo, como Xesús.
Creo que entregar a vida é atopar a Vida,
a que non morre,
a que merece a pena.








CRENTES
  
Oh Deus! Envíanos tolos,
dos que se comprometen a fondo,
dos que se esquecen de si mesmos,
dos que aman con algo máis que con palabras,
dos que entregan a súa vida de verdade e ata a fin.

Dános tolos, chiflados, apaixonados,
homes e mulleres capaces de dar o salto cara á inseguridade,
cara á incerteza sorprendente da pobreza;
dános tolos, que acepten diluírse na masa
sen pretensións de erixirse un cascabel,
que non utilicen a súa superioridade no seu proveito.

Dános tolos, tolos do presente,
namorados dunha forma de vida sinxela,
liberadores eficientes do oprimido,
amantes da paz, puros de conciencia,
resoltos a nunca traizoar,
capaces de aceptar calquera tarefa,
de acudir onde sexa,
libres e obedientes,
espontáneos e tenaces,
doces e fortes.

Dános tolos, Señor, dános tolos.




-----------------------------------------------------------------------------

CARTEIS : "EU CREO"

 
















Comentarios

Publicacións populares