14 abr. 2013

Foi Xesús, colleu o pan e déullelo, e igualmente o peixe - Xn 21, 1-19

Domingo 3 de Pascua - ciclo C



AQUÍ ESTAMOS, SEÑOR

Aquí estamos, Señor, con fame e sede de vida.
Pero amando só a sorbos, para non crear lazos;
rebaixando o evanxeo, para facelo cómodo ....

Soñando utopías sen realidades,
camiñando detrás das túas pegadas,
sen romper lazos que nos escravizan.

E a nosa fame e a nosa sede non desaparecen.
Asubía, Señor, a túa canción,
coma un bo pastor;
que se escoite por outeiros
e montañas, pradarías e desertos.

Espértanos desta sesta.
Sacúdenos de tanta indolencia.
Deféndenos de tanto fanatismo.

Condúcenos cara ós pastos da túa terra.
Dános, Señor, vida verdadeira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario