Reflexións de Coresma II - A oración
A oración
A oración é vida da alma, necesidade permanente. No tempo
cuaresmal intensifícase escóitaa da palabra e a relación dialogal con Deus.
Ofrécesenos o exemplo de Cristo, que se retiraba ao deserto e subía á montaña
para orar.
A oración que Deus quere:
- Que sexa íntima e auténtica, «en espírito e verdade».
- Que deixes ao Espírito que ore en ti sempre.
- Que non deixes de repetir: Abba.
- Que che unas aos irmáns na oración, que che unas á Igrexa
orante.
- Que aprendas a escoitar.
POWER POINT: Coresma-oración
Adaptación de : mensajerosanantonio
----------------------------------------------------------
ORACIÓNS POLO PAPA
POWER POINT: Bieito XVI renuncia
----------------------------------------------------------
ORACIÓNS POLO PAPA
Xn 21, 15-17
Apacenta os meus
años, apacenta as miñas ovellas
En [habéndose manifestado Xesús ós seus discípulos e] cando xa comeran, preguntoulle a Simón Pedro:
-Simón de Xoán ¿ámasme mais ca estes?
El contestoulle:
-Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
-Apacenta os meus años.
E de novo preguntoulle por segunda vez:
-Simón de Xoán, ¿ámasme?
El respondeulle:
-Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
-Apacenta as miñas ovellas.
E preguntoulle por terceira vez:
-Simón de Xoán, ¿quéresme?
Entristeceuse Pedro
de que lle preguntase por terceira vez ''¿quéresme?'', e respondeulle:
-Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero.
Xesús díxolle:
-Apacenta as miñas ovellas.
Oración do Libro Oficial de Oracións
da Igrexa Católica
Oh Deus, que na túa providencia quixestes edificar a túa
Igrexa sobre San Pedro, xefe dos apóstolos, fai que o noso papa, que constituíches
como sucesor de Pedro, sexa para o noso pobo o principio e o fundamento visible
da unidade da fe e da comuñón na caridade.
Polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo, na unidade do
Espírito Santo. Amén
Oh Deus, que escolliches ó teu servo como sucesor do apóstolo Pedro como
pastor de todo o rabaño, atende as súplicas do teu pobo. Concede ao que fai ás
veces do Cristo na terra continuar na fe seus irmáns para que toda a Igrexa se
manteña en comuñón co vínculo da unidade, do amor e da paz ata que, en Ti,
pastor das almas, cheguemos todos á verdade e á vida eterna.
Polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo, na unidade do
Espírito Santo. Amén
POWER POINT: Bieito XVI renuncia
Comentarios
Publicar un comentario