A miña boca pregoa a túa salvación, Señor - Salmo 70
Domingo 4 de ordinario - ciclo C
EU BEN SEI…
Eu ben sei que ...,
cada mañá ...
ti saes ao balcón ...,
Señor...,
e esculcas o horizonte ...,
por veres se regreso.
Sei que ...,
cada mañá ...,
baixas saltando as escaleiras…,
e botas a correr polo campo…,
cando me adiviñas ao lonxe.
E sei que ... ,
como cada mañá ...,
cortarasme a palabra…,
tantas veces repetida…,
e botaraste sobre min…,
e rodearasme ...,
cunha aperta redonda ...,
o corpo todo ...
Pai ...,
grazas ...,
porque sei que ...,
como cada mañá ...,
ti contratarás a banda de músicos…,
e organizarás unha festa por min…,
ao longo e ao ancho do mundo ...
Grazas, Pai ...,
grazas ...,
porque tamén hoxe ...,
como cada mañá ...,
ti me dis ao oído con voz de primavera ...:
"Benvido, meu fillo ...,
esta é a túa casa…
Non te preocupes…
PODES COMEZAR DE NOVO" ...
Comentarios
Publicar un comentario