Lecturas do Mércores de Cinza
Para todos, católicos ou non, foi unha sorpresa a renuncia do Papa, coma sempre non o foi para O que coñece os nosos corazóns. Non podía elixir mellor momento, polo simbólico, que o inicio da Coresma, tempo de cambio, de oración e reflexión, de preparación para a Paixón que lle espera o que ocupe o seu posto como cabeza de Igrexa. Esperamos que o cambio chegue da man do Espírito con novos aires e novas esperanzas. Poñámonos nas mans do Pai.
MÉRCORES DA CINSA
PRIMEIRA Xl
2, 12-18:
Esgazade os
vosos corazóns e non os vosos vestidos
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XOEL
12Agora -é o
Señor quen fala-,
convertédevos
a min de todo corazón,
con xexún,
con lágrimas e con loito.
13Esgazade o
voso corazón, e non os vosos vestidos,
convertédevos
ó Señor, voso Deus,
pois El é
compasivo e misericordioso,
é calmoso
para o enfado e abondoso en bondade,
e ten
compaixón da desgracia.
14Quizais
cambie e teña compaixón,
e deixe tras
de si a súa bendición,
a ofrenda e
maila libación, para o Señor, o voso Deus.
15Tocade o
corno en Sión,
dedicádelle
un tempo sagrado ó xexún,
convocade a
asemblea.
16Xuntade o
pobo, consagrade a asemblea,
reunide os
anciáns, xuntade os rapaces,
tamén os
meniños de peito.
Que saia o
marido do seu cuarto,
e a muller
da súa alcoba.
17Que choren
entre o adro e o altar os sacerdotes,
que digan os
ministros do Señor: "Perdóalle, Señor, ó teu pobo,
non
entregues á burla a túa herdanza,
de xeito que
a dominen pobos alleos.
¿Por que se
vai dicir entre as nacións: Onde está o seu Deus?"
18Entón ó
Señor entráronlle celos do seu país,
e perdoou ó
seu pobo.
SALMO
RESPONSORIAL Sal 50, 3-4. 5-6a. 12-13. 14 e 17
R/ (cf 3a):
Apiádate, Señor, porque pecamos
3Apiádate de
min, meu Deus, pola túa bondade,
pola túa
misericordia, borra o meu pecado;
4lávame ben
da miña iniquidade,
límpame da
miña culpa.
5Eu recoñezo
o meu pecado
e teño
sempre presente a miña culpa.
6Contra ti,
contra ti mesmo, eu pequei
e fixen o
que é malo ós teus ollos.
12Crea,
Deus, en min un corazón puro,
renóvame por
dentro cun espírito firme.
13Non me
botes da túa presencia
e non tires
de min o teu santo espírito.
14Devólveme
a alegría da túa salvación,
sostenme co
espírito xeneroso.
17Abre,
Señor, os meus labios,
e a miña
lingua pregoará a túa louvanza.
SEGUNDA 2
Cor 5, 20-6, 2:
Reconciliádevos
con Deus. Éste é o tempo conveniente
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN
PAULO
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e
irmás:
20Somos
embaixadores de Cristo; e é coma se Deus vos exhortase por medio noso. Pedímovolo
por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus. 21A aquel que non tiña nada que ver co
pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós, gracias a el, nos volvesemos
nel xustiza de Deus.
6 1Coma
colaboradores seus, exhortámosvos a non desaproveita-la gracia de Deus.
2Pois di El:
no tempo oportuno, escoiteite; en día de salvación acudinche. Pois agora é
tempo oportuno, agora é día de salvación.
VERSIÑO Cf.
Sal 94, 8ab:
Hoxe, non
endurezáde-los vosos corazóns,
senón
escoitade a voz do Señor
EVANXEO Mt
6, 1-6. 16-18
Teu Pai, que
ve o segredo, hate recompensar.
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
6 1Tede
coidado de non practicárde-la vosa xustiza para que vos vexa a xente, que daquela o
voso Pai celestial non vos dará recompensa ningunha.
2Cando deas
unha esmola non o vaias proclamando diante de ti cunha trompeta, como fan os
hipócritas nas sinagogas e nos rueiros para seren louvados polos homes; asegúrovos
que xa recibiron a súa recompensa. 3Ti, en troques, cando deas unha esmola, que
non saiba a túa man esquerda o que fai a dereita. 4Así a esmola será secreta e
teu Pai, que ve o segredo, xa te recompensará.
5Cando recedes non fagades coma os hipócritas,
que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para
que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a
súa recompensa. 6Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuarto,
pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no segredo; e teu Pai, que ve o
segredo, hate recompensar.
16Cando
xexuedes non poñades caras tristeiras, como fan os hipócritas: desfiguran as súas caras
para que a xente llelo note. Asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa.
17Ti, en
troques, cando xexúes, perfuma a cabeza e lava a cara, 18para que non che se note ante os
homes, senón ante teu Pai celestial; e teu Pai, que ve o que está escondido,
hate recompensar.
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario