Hei cantar para ti diante dos anxos, Señor - Salmo 137
Domingo 5 de Ordinario - ciclo C
TESTEMUÑAS DE XESÚS
Queremos ser mensaxeiros da túa Palabra;
danos valentía para levala
por todos os recunchos da nosa sociedade,
Señor.
Queremos ser sementadores da túa Esperanza;
danos perseveranza para non baixar os brazos e
empezar
cada día como se fose o primeiro día de
labranza.
Queremos ser anunciadores de Boas Novas;
danos alegría para contaxiar a outros
a gratuidade do teu amor.
Queremos ser unha man tendida ao outro;
danos compaixón para sentir co teu espírito
e actuar co teu compromiso.
Queremos ser construtores de comunidade;
danos comprensión para escoitar,
para fortalecer relacións, para unir as
persoas.
Queremos ser peregrinos dos teus camiños;
estar sempre en movemento, sen instalamos,
sedentos sempre de busca e de encontro.
Amósanos o horizonte, mantén vivas as utopías,
axúdanos a seguir sempre adiante.
Queremos ser as túas testemuñas, Señor da
Historia;
queremos mostrar coa nosa vida
que Ti estás no medio de nós.
Dános a fe a toda proba de tantos que,
a diario e sen primeiras planas, fan santo o
teu nome
porque fan presente neste mundo o Deus connosco,
coa vida, testemuño e exemplo de irmáns de
todos.
Marcelo A. Murúa
Comentarios
Publicar un comentario