24 feb. 2013

Transfigurouse o seu rostro mentres oraba - Lc 9, 28b-36

Domingo 2 de Coresma - ciclo C



CONVERTERSE É 
MIRAR NOUTRA DIRECCIÓN

Converterse é mirar noutra dirección,
máis alá, máis lonxe, máis profundo.
Converte a miña mirada, Señor,
para que saiba ver o amor escondido;
para que descubra as feridas
dos que me rodean
e queira curalas.
Transforma a miña mirada, Señor,
para que intúa as posibilidades
de paz, de concordia, de xustiza, de amor.

Converte a miña mirada, Señor.
Converterse é comprometerse
un pouco máis, un pouco mellor...
Axúdame a loitar pola miña familia.

Dáme coraxe para perseverar
cando o camiño se faga difícil.
Dáme paciencia para aturar
os obstáculos sen renderme.
Dáme ilusión para seguir crendo
cando me quede sen apoios.

Dáme forza para complicarme
batallas boas.
Dáme mans para acariñar,
pés para camiñar,
palabra para cantar,
sempre a favor dun mundo bo.
Faime alguén comprometido
co meu mundo, Señor.
Dáme fe e forzas para comezar
hoxe este camiño de conversión.
Converterse é mirar noutra dirección,
máis alá, máis lonxe, máis profundo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario