Deixándoo todo, seguírono - Lc 5, 1-11

Domingo 5 de Ordinario - ciclo C


ORACIÓN DUN PESCADOR DE HOMES

Douche grazas, Xesús,
porque me escolliches,
para ser pescador de xente.

Son unha persoa normal,
nin sei moito, nin podo moito,
as miñas mans están endurecidas,
endureceumas o traballo cotián.

Non sei se serei capaz de nada,
pero xa que ti o dis,
farei un esforzo,
poñereime a traballar,
apoiado en ti e nos meus compañeiros,
que tamén foron invitados por ti.

Se queres as miñas mans,
velaquí as miñas mans.
Se queres o meu corazón,
velaquí o meu corazón.
Se queres a miña palabra,
velaquí a miña palabra.

Se queres a miña alegría,
velaquí a miña alegría.
Se queres o meu apoio ao máis débil,
velaquí o meu apoio ao máis débil.
Se queres o meu perdón ao que cae,
velaquí o meu perdón ao que cae.

Se queres a miña constancia,
velaquí a miña constancia.
Se queres que volva empezar,
velaquí que volvo empezar.
Se queres un pescador de xente,
velaquí un pescador de xente.








Comentarios

Publicacións populares