Reflexións de Coresma I - O xaxún, a cinza e a abstinencia
A CORESMA
A cinza
Quere ser o recoñecemento da nosa condición humana, tan
limitada e corruptible. Quere ser un toque de atención ao noso orgullo e
autosuficiencia. Pero é, sobre todo, unha chamada a pór o fundamento da nosa
existencia, non en nós mesmos, senón en Cristo Salvador, o que pode librarnos
da corrupción e a morte. Cristo é medicamento de inmortalidade. Por iso, ao
impor a cinza, dise: «Crede no Evanxeo», crede a boa noticia de Xesucristo.
A Cinza que Deus quere:
- Que non te gloríes de ti mesmo; os teus talentos
recibíchelos para servir.
- Que non te consideres dono de nada, só humilde
administrador.
- Que aprecies o valor das cousas sinxelas.
- Que vivas o momento presente.
- Que non temas a morte.
O xaxún e abstinencia
Como signo de austeridade. Pídese algún rigor na comida e
absterse de carne en certos días. Antes, o non comer carne podía supor bastante
sacrificio. Pero non importa a materialidad, senón o espírito. A austeridade
fainos máis libres e máis solidarios. Non importaría comer un pouco máis ou un
pouco menos, importa o superar vicios e apegos e o ofrecer o froito do teu
xaxún aos famentos do mundo.
O xaxún e a abstinencia que Deus quere:
- Que non sexas escravo do consumo, do tabaco, de nada.
- Que non gastes tanto en moda, caprichos, marcas.
- Que non pases tanto tempo ante a TV e saibas discernir e
controlar.
- Que sexas solidario e xeneroso.
- Que prefiras pasar ti necesidade antes de que a pase o
irmán.
Comentarios
Publicar un comentario