18 feb. 2013

O Significado da Coresma


Comparto convosco o material de coresma que me acaba de chegar:


HISTORIA

            Xa dende finais do século II existe no Igrexa un período de preparación para o Pascua, gardando algúns días de xaxún; ao principio unha semana, logo tres e finalmente corenta días, inspirándose no estancia de Xesús no deserto.
            Esta preparación consolídase xa no século IV.
            Este comiño coresmal convértese nun signo sagrado: Igrexa, catecúmenos e penitentes que se reconciliarán con motivo do Pascua, teñen nestes días un tempo de conversión e de graza, un camiño que recorren alentados polo luz pascua!
            No século XI estendeuse o costume do imposición do cinsa o todos os fieis; dende entón a Coresma comezo para todos con este signo, que nos invito á conversión.
            Pouco o pouco esta motivación penitencial vai prevalecer sobre a bautismal. Será o concilio Vaticano II, case que mil anos despois, o que recupere o senso catecumenal do Coresma. Así no S C 109 recórdase o dobre caracter, bautismal e penitencial, deste tempo, e insístese na liña da escoita da palabra, e da oración. Para a dimensión bautismal recoméndase mesmo a recuperación de certos elementos do tradición anterior, e paro a penitencial insístese tanto no senso persoal como social do pecado.
            Hoxe, cincuenta anos despois do concilio, aínda non está acadado o equilibrio entre penitencial e bautismal.              



TEOLOXÍA

            "O tempo coresmal prepara os fieis para a celebración do misterio pascual" (S.C. 109). Como vemos, segundo o Constitución sobre a Liturxia, a coresma non é un fin en si mesma; é preparación para o Pascua, e nesa preparación hai dous protagonistas:

CRISTO XESÚS:

            A El corresponde o papel principal. A súa palabra resoa, durante estes corenta días, con máis forza no noso corazón. A súa vido é modelo, paradigma para cada un de nós de como vivir na coresma. En definitivo, El é protagonista porque non é este un momento para amosala capacidade de auto­superación. A Coresma non é unha loita do home consigo mesmo. É apertura á Graza, enraizamento en Cristo, deixar que sexa El o que viva en min.

HOME:

            A el corresponde poñer os medios para acadar un bo fin: resucitar con Cristo. Que medios pode­mos poñer? Vexamos: a Coresma é tempo de conversión e tempo sacramental.

a) Tempo de conversión:

            As lecturas do ciclo C resaltan precisamente este aspecto. Conversión (metanoia) indica un cambio de mentalidade. Cambian os centros de interese e o xeito de vivir. Paro axudarnos nesta conversión a Igrexa pon á nosa disposición unha triloxía clásica, pero sempre actual:
            * Xaxún: Privarse de algo é renunciar a actitudes consumistas paro ser signo da nosa volta ao esencial do vida: Deus.
            * Oración: É este un tempo para orar e meditar coa palabra de Deus, especialmente co libro do Éxodo.
            * Esmola: Non abonda con privarnos de algo (xaxún) e abrirnos a Deus(oración). Para que a nosa Coresma sexa verdadeira, debe ser solidaria, aberta ao próximo (esmola).

b) Tempo sacramental:

            Este aspecto destácase nas lecturas do ciclo A. A Coresma lémbranos as promesas bautismais e axúdanos a renovar a nosa fe.
            É este tamén un momento oportuno para achegamos ao sacramento de Reconciliación.
            O número anteriormente citado do S.C. pon como medios de preparación para a celebración da Pascua "o recordo ou o preparación do bautismo e mediante a penitencia".
            Xunto con estes dous sacramentos,debemos destacar a Eucaristía, na que deberíamos participar máis asiduamente durante o tempo coresmal, xa que precisamente é o memorial da Pascua de Cristo, ao que nos queremos preparar e incorporar.



LECTURAS DOMINICAIS DE CORESMA – CICLO  C


1º LECTURA
2º LECTURA
EVANXEO

1º DOMINGO
Dt 26,4-10
A fe de Israel: Deus libera o seu pobo da escravitude
Rm 10, 8-13
A fe da Igrexa:
Xesús é o Señor

Lc 4, 1 -13 
Xesús, cheo do Espírito, foi levado corenta días polo deserto

2º DOMINGO
Xén 15, 5-12.17-18
Aquel día o señor fixo alianza con Abraham
Flp 3, 17-4.1
O Señor transformaranos segundo o modelo da súa condición gloriosa
Lc 9, 28b-36
Transfiguración:”Este é o meu fillo, o Elixido, escoitádeo

3º DOMINGO
Ex 3,1-82.13-15
Teño vistas as miserias do meu pobo en Exipto. Vou baixar e liberalo
1 Cor10,1-6.10-12
Infidelidades de Israel polo deserto
Lc 13, 1-9
Señor, deixa a figueira un ano máis; a ver se así dá froito

4º DOMINGO
Xos 5, 9a.10-12
Os israelitas celebran a Pascua ao entrar na terra prometida
2 Cor 5, 17-21
O que é de Cristo é unha nova creación
Lc 15,1-3.11-32
Teu irmán estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo

5º DOMINGO
Is 43, 16-21
Ollade: eu estou facendo algo novo; xa agroma, non vos decatades?
Flp 3, 8-14
Quero experimentar a forza da súa resurrección e reproducir en min a súa morte
Xn 8, 1-11
Tampouco eu te condeno, vaite e dende agora non peques máis.




SUXESTIÓNS :

Propoñemos algunhas suxestións que poden axudar a crear ambiente arredor deste tempo litúrxico:

  - Potenciar os símbolos coresmais: a cor morada, austeridade, a cinsa, a oración e o xaxún, a cruz, o bautismo.

    - Dar as lecturas do domingo fotocopiados (polo menos o evanxeo) cunha semana de. antelación poro que toda persoa na caso poida lelos e meditalos.

    -   Facer o través de símbolos e xestos a renovación das partes máis importantes do Bautismo.

     - É bo momento para organizar na parroquia celebracións penitenciais comunitarias.

      - A celebración do "Vía Crucis". Hai moi variados materiais seguindo os evanxeos ou o profeta Isaías. Por exemplo no oracional galego paxina 137.

      - O xaxún que imos realizando durante a Coresma pode ter un carácter máis solidario realizando unha colecta especial dirixida a unha necesidade concreta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario