GUIÓN LITÚRXICO EUCARISTÍA 1º Maio 2021, festa de San Xosé Obreiro
(Cada comunidade ou grupo elixe os cantos para a Eucaristía segundo as súas posibilidades)
MONICIÓN DE ENTRADA
O 1 de maio a Igrexa celebra a Festa de San Xosé
Obreiro, patrón dos traballadores, data que coincide co Día Mundial do
Traballo. Esta celebración litúrxica foi instituída en 1955 polo Papa Pío
XII, ante un grupo de obreiros reunidos na Praza de San Pedro no Vaticano. O Santo Padre pediu nesa oportunidade que “o
humilde obreiro de Nazaré, ademais de encarnar diante de Deus e da Igrexa a
dignidade do obreiro manual,… sexa para todos os obreiros do mundo, especial
protector ante Deus, e escudo para a defensa nas penalidades e nos riscos do
traballo”. Mirando
en particular o empeoramento do desemprego debido á pandemia de Covid-19, o
Papa chama a todos a "revisar as nosas prioridades" para
comprometerse a dicir: “Ningún mozo, ningunha persoa, ningunha familia sen
traballo!”, por iso reclamamos: “AGORA MÁIS QUE NUNCA TRABALLO DECENTE”. Poñémonos en pé e cantamos. |
ACTO
PENITENCIAL
·
Pola mercantilización do traballo que non garante o benestar e crecemento
de todos, SEÑOR TEN PIEDADE.
·
Por no recoñecer os dereitos dos máis vulnerables. CRISTO TEN PIEDADE.
·
Por permitir o traballo forzoso, as formas contemporáneas da escravitude e
a trata de persoas. SEÑOR TEN PIEDADE.
PRIMEIRA LECTURA
Monición:
S. Paulo na súa
carta aos Colosenses pídenos: “todo o que de palabra ou de obra realicedes,
sexa todo en nome do Señor Xesús”. Traballar “no nome de Xesús implica que
recoñecemos cada día que El é o noso mestre e o noso xefe. Se somos seguidores
de Cristo, a forma na que tratamos os demais e a dilixencia e fidelidade coa
que traballamos reflícteo a El.
O Evanxeo de
hoxe nárranos que a xente de Nazaré estaba tan segura de que sabían todo sobre Xesús
que non estaba preparada para ser sorprendida pola súa novidade. Iso é sempre
un risco, ata para nós. Podemos atoparnos a nós mesmos resistindo á súa
presenza en novas áreas da nosa vida, ou aos seus desafíos nalgunhas das nosas
relacións, ou ás nosas actitudes respecto de o que está sucedendo na Igrexa e
no mundo ao meu redor. Pidamos un corazón aberto, para ter vontade de coñecer
sempre mellor a Xesús, para así poder amalo máis e seguilo máis de cerca.
LECTURA da carta do apóstolo san Paulo
aos Colosenses 3, 14-15. 17. 23-24
Palabra do Señor.
Salmo
responsorial Sal 89, 2. 3-4. 12-13. 14 y 16 (R.: cf. 17)
R/. Asegura, Señor, as obras das nosas mans.
Primeiro que os montes xurdisen,
e que fosen formados a terra e o mundo,
desde sempre e por sempre es ti Deus. R
Ti podes volver en po os mortais,
con dicirlles:‑ "Fóra, homes".
Mil anos ante ti
son coma o onte que pasou
e coma unha vixilia da noite. R
Ensínanos a contar os nosos días,
para que aprendamos a ser asisados.
Volve, Señor. Por canto aínda?
Apiádate dos teus servos. R
Dános axiña a fartura da túa misericordia,
para que a nosa vida teña felicidade e ledicia.
Que se vexa a túa obra nos teus servos
e a túa gloria nos teus fillos. R
Aclamación do Evanxeo
Aleluia.
Bendito o Señor cada día, Deus leva as nosas cargas, é a nosa salvación.
Aleluia.
Lectura
do santo Evanxeo segundo Mateo (13,
54-58)
Naquel tempo, indo Xesús para a súa terra, con tal xeito ensinaba na sinagoga que dicían abraiados:
‑De onde lle veñen a este esa sabedoría e eses milagres? Non é o fillo do carpinteiro? Non se chama María súa nai; e seus irmáns Santiago, Xosé, Simón e Xudas? E súas irmás, non viven connosco? Entón, de onde lle vén todo isto?
Estaban realmente escandalizados por causa del. Pero Xesús díxolles:
‑A un profeta só o aceptan mal na súa terra e na súa casa.
E alí non fixo moitos milagres pola falta de fe daquela xente.
Palabra
do Señor
Presentamos a Deus
a nosa oración para que se promova un traballo digno e estable que non deixe a
ningunha persoa nas marxes.
· Para que a Igrexa, fiel á mensaxe evanxélica, practique a xustiza e respecte os principios do traballo digno en todas as súas institucións. Roguemos ao Señor.
·
Para que se
recoñezan os dereitos de todos ao traballo decente, con igualdade de
remuneración. Roguemos ao Señor.
·
Para que
fagamos un consumo responsable que non poña en perigo o sostemento da “casa
común”. Roguemos ao Señor.
·
Pola
erradicación do traballo forzoso, polo fin das formas contemporáneas de
escravitude e a trata de persoas e asegurar a prohibición e eliminación das
peores formas de traballo infantil, incluídos o recrutamento e a utilización de
nenos soldados, e poñer fin ao traballo infantil en todas as súas formas, roguemos
ao Señor.
·
Polas
vítimas da pandemia en todo o mundo, polos que aínda non teñen vacinas, polos
que teñen aínda problemas máis temibles que o coronavirus. Roguemos ao Señor.
·
Polos que
onte tiñan un traballo decente e hoxe están nas ringleiras da fame. Roguemos ao
Señor.
·
Polos
gobernos do mundo, para que arraigue e afonde a alianza mundial polo traballo
decente. Roguemos ao Señor.
Oremos:
Deus todopoderoso, creador do universo, que nos impuxeches a lei do traballo,
concédenos que, seguindo o exemplo de san Xosé, e baixo a súa protección,
realicemos as obras que nos encomendas. Polo noso Señor Xesucristo, o teu
Fillo, que vive e reina contigo na unidade do Espírito Santo e é Deus por
sempre eternamente. Amén.
ACCIÓN DE GRAZAS: Oración a S. Xosé
Salve,
custodio do Redentor
e esposo da Virxe María.
A ti Deus confiou o seu Fillo,
en ti María depositou a súa confianza,
contigo Cristo forxouse como home.
Oh, benaventurado Xosé,
móstrate pai tamén a nós
e guíanos no camiño da vida.
Concédenos graza, misericordia e valentía,
e deféndenos de todo mal. Amén.
Comentarios
Publicar un comentario