BAUTISMO DO SEÑOR - ciclo B
Primeira
Lectura Is 42, 1-4. 6-7
Velaquí
o meu servo en quen eu me comprazo
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Isto di o Señor:
Velaí o meu servo, a quen teño collido da man;
velaí
o meu escollido no que eu me comprazo.
Teño posto sobre el o meu espírito:
ditaralles
sentencia xusta ás nacións.
Non berrará,
non
levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas.
Canivela fendida non a romperá,
e
torcida esmorecente non a apagará.
Con fidelidade proclamará a xustiza,
non
desfalecerá nin crebará
ata
establecer na terra a xustiza,
e a
súa lei, que esperan as nacións.
Eu, o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte,
e
convertinte en Alianza dun pobo e en luz das nacións,
para
que lles abras os ollos aos cegos, para que libres do cárcere aos presos,
da
prisión aos que viven na escuridade.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal
28, 1a e 2. 3ac-4. 3b e 9b-10
R/. (11b): O
Señor ha bendicir o seu pobo coa paz.
Tributádelle
ao Señor, fillos de Deus,
tributádelle
ao Señor gloria do seu nome,
adorade
o Señor no seu atrio sagrado.
A voz
do Señor sobre as augas,
o
Señor sobre as augas copiosas.
A voz
do Señor é poderosa,
a voz
do Señor é maxestosa.
O
Deus glorioso fai tronar.
No
seu santuario todo di: Gloria!
O
Señor sentou sobre as augas,
o
Señor senta como rei eterno.
Segunda
Lectura Feit 10, 34-38
Unxiuno
Deus co Espírito Santo
LECTURA
DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Naqueles días, tomou Pedro a palabra e dixo:
‑ Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta a quen
lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa.
El mandoulles a súa palabra aos fillos de Israel, anunciándolles a Boa Nova da
paz por Xesús Cristo: este é o Señor de todos.
Vós sabedes o que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do
bautismo que Xoán predicou: como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a
Xesús de Nazaré, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban
asoballados por Satán; pois Deus estaba con el.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA
Cf. Mc 9, 6
Se
non se canta, pódese omitir
Aleluia,
aleluia.
Abríronse
os ceos e tronou a voz do Pai:
Este
é o meu Fillo predilecto; escoitádeo.
Aleluia.
Evanxeo
Mc 1, 7-11
Ti
es o meu Fillo amado, en ti me comprazo
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel tempo, Xoán proclamaba:
‑ Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, perante quen non son
digno de prostrarme para lle desatar os amallós do seu calzado. Eu bauticeivos
con auga, pero el havos bautizar no Espírito Santo.
E aconteceu por aqueles días que chegou Xesús desde Nazaré de Galilea, e Xoán
bautizouno no Xordán.
E de seguida, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma
unha pomba, o Espírito Santo. E unha voz deixouse oír desde o ceo:
‑ Ti es o meu fillo benquerido, o meu predilecto.
Palabra do
Señor
R/. Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario