ORACIÓN SEMANA 1 DE ADVENTO 2020 - ciclo B

ESPERAREI


Esperarei a que creza a árbore

e me dea sombra.

Pero abonarei a espera coas miñas follas secas.


Esperarei a que brote o manancial

e me dea auga.

Pero despexarei a miña canle

de memorias enlodadas.


Esperarei ao apuntamento

do albor e que me ilumine.

Pero sacudirei a miña noite

de postracións e sudarios.


Esperarei a que chegue

o que non sei e me sorprenda.

Pero baleirarei a miña casa de todo o enquistado.


E ao abonar a árbore,

despexar a canle,

sacudir a noite

e baleirar a casa,

a terra e o queixume 

abriranse á esperanza.


Benjamín González Buelta, sj



Semana 1 de Advento B: 

https://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/lecturas-semanais/advento/semana-1/

LUNS: Mt 8, 5-11 - Chegarán moitos de oriente e occidente para entrar no reino dos ceos 

MARTES: Lc 10, 21-24 - Exulta Xesús co gozo do Espírito Santo 

MÉRCORES: Mt 15, 29-37- Xesús sana a moitos e multiplica os pans 

XOVES: Mt 7, 21. 24-27 - Quen fai a vontade do Pai entrará no reino dos ceos 

VENRES: Mt 9, 27-31 - Por creren en Xesús dous cegos son curados 

SÁBADO: Mt 9, 35 - 10, 1. 6-8  - Vendo á xente, tivo compaixón dela 



Comentarios

Publicacións populares