Domingo 1 de Advento - ciclo B



Primeira Lectura         Is 63, 16b-17. 19b; 64, 2b-7

Ai, se rachases o ceo e baixases!

LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS


Ti, Señor, es o noso pai,

o”noso Redentor desde sempre”é o teu Nome.


Por que, Señor, nos deixaches descarreirar lonxe dos teus vieiros,

e fixeches endurecer o noso corazón apartándose do teu respecto?


Cambia de actitude por amor dos teus servos,

por amor das tribos da túa herdanza!


Ai, se rachases o ceo e baixases!

Coa túa presenza rebulirían os montes.


Baixaches, e coa túa presenza tremeron os montes:

unha cousa que desde antigo nunca se oíra,

pero certo que se nos fixo escoitar:


O ollo non viu fóra de ti ningún deus,

que tal lle faga a quen espera nel.


Atopácheste co que se alegraba e practicara a xustiza,

cos que se lembraban de ti nos teus vieiros.


Velaquí, estabas enfadado porque pecaramos,

pero estaremos sempre nos teus vieiros e salvarémonos.


Todos nós fomos coma un impuro,

e toda a nosa xustiza coma a roupa da menstruante.

Todos nós murchamos coma a folla,

e as nosas iniquidades leváronnos coma o vento.


Non había quen invocase o teu nome,

quen espertase para acollerse a ti,

porque ti escondíchenos a túa cara,

e alagáchesnos co lote das nosas culpas.


Pero agora, Señor, ti es o noso Pai.

Nós somos o barro e ti es o oleiro,

pois obra das túas mans somos todos nós.


                Palabra do Señor                             R.:Grazas a Deus



SALMO RESPONSORIAL           Sal 79, 2ac e 3b. 15-16. 18-19

R.: (4)Restáuranos, Deus, que brille o teu rostro e seremos salvos.


Escoita, pastor de Israel,

que guías o rabaño de Xosé;

ti que sentas sobre os querubíns, resplandece,

esperta o teu poder e ven salvarnos.


Vólvete, Deus dos exércitos,

olla desde o ceo e fíxate,

ven visitar a túa viña,

a videira que plantaches coa túa man,

o bacelo que ti fortaleciches.


Que a túa man protexa o teu elixido,

o home que ti fortaleciches.

Non nos afastaremos máis de ti;

danos vida de novo,

e invocaremos o teu nome.



Segunda Lectura        1 Cor 1, 3-9

Esperamos a manifestación do noso Señor Xesús Cristo

LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOSCORINTIOS


Irmáns:

Desexámosvos grazae paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Cristo.

Non paro de lle dar grazasa Deus por vós, pola grazade Deus que se vos deu por medio de Cristo Xesús.

Porque por medio del quedastes ricos en todo, nos dons da palabra e do coñecemento: e así confirmouse solidamente entre vós o testemuño en favor de Cristo. De xeito que non carecedes de ningún don, mentres agardades a revelación do Noso Señor Xesús Cristo.

El é quen vos manterá firmes deica a fin, para que ninguén vos poida acusar de nada no día do Noso Señor Xesús Cristo. Deus é fiel e foi El quen vos chamou á comunidade do seu Fillo Xesús Cristo, noso Señor.


                                   Palabra do Señor                             R.:Grazas a Deus

                                                                                                                                       


ALELUIA Sal 84, 8

Se non se canta, pódese omitir.


Aleluia, aleluia.

Amósanos, Señor, a túa misericordia,

e dános a túa salvación.

Aleluia.



Evanxeo          Mc 13, 33-37

Estade á espreita, non sabedes cando vai chegar o señor da casa.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS


Naquel tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos:

Estade á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento.

É coma un home que foi ao estranxeiro, deixando a casa emais a facenda nas mans dos seus criados, encargándolles acada un o que tiña que facer e ao porteiro ordenoulle que velase.

Vixiade vós, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o amo da casa; se á tardiña ou con noite pecha, se co canto do galo ou no amencer. Non vaia ser que chegue de repentee vos atope durmindo.

E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: Estade en vela!


    Palabra do Señor                             R.: Loámoste, Cristo

Comentarios

Publicacións populares